O ácido valérico ou ácido pentanoico é un ácido carboxílico alquílico de cadea lineal de 5 átomos de carbono coa fórmula CH3(CH2)3COOH, e simbolízase como C5:0. Igual que outros ácidos carboxílicos de baixo peso molecular ten un cheiro moi desagradable. Encóntrase na natureza na planta anxiosperma perenne Valeriana officinalis (valeriana menor ou herba benta), pola cal recibe o seu nome. O seu principal uso é para a síntese dos seus ésteres. Os ésteres volátiles de ácido valérico adoitan ter cheiros agradables e utilízanse en perfumes e cosmética. O valerato de etilo e o valerato de pentilo utilízanse como aditivos alimentarios polos seus aromas a froitas.Pubchem. «Valeric acid». [Consultado: 19 de outubro de 2018].

A temperatura ambiente é un líquido incoloro cun punto de fusión de -34,5 °C e de ebulición de 187 °C. O seu índice de refracción a 20 °C é de 1,4086. É soluble en auga, etanol e dietiléter. É menos denso que a auga, pero os seus vapores son máis densos que o aire.LipidBank - Fatty acid(DFA0005) . [Consultado: 19 de outubro de 2018]. En bioquímica considérase un ácido graxo de cadea curta.

O ácido valérico ten estrutura similar ao ácido gamma-hidroxibutírico (GHB) e ao neurotransmisor ácido gamma-aminobutírico (GABA), xa que é un ácido carboxílico de cadea curta, aínda que carece dos grupos funcionais alcohol e amino que contribúen ás actividades biolóxicas do GHB e o GABA, respectivamente. Diferénciase do ácido valpórico simplemente por non ter unha cadea lateral de 3 carbonos. O ácido mevalónico deriva do ácido valérico por metilación e hidroxilación.

Seguridade O ácido valérico pode causar irritación se se pon en contacto coa pel, ollos ou membranas mucosas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ácido 4-hidroxi-4-metilpentanoico Ácido piválico (ou ácido 2,2-dimetilpropanoico) Ácido isovalérico (ou ácido 3-metilbutanoico)

Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Ácidos graxos