O Gran Premio de Luxemburgo de 1998 (oficialmente VI Großer Warsteiner Preis von Luxemburg) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring, Nürburg, o 27 de setembro de 1998. Foi a décimo quinta e penúltima carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998. A carreira de 67 voltas foi gañada por Mika Häkkinen para o equipo McLaren. Michael Schumacher terminou segundo pilotando un Ferrari, con David Coulthard terceiro no outro McLaren.

Informe A falta de dúas carreiras na tempada, os pilotos Mika Häkkinen de McLaren e Michael Schumacher loitaban polo título de piltos. Estaban empatados a 80 puntos con Häkkinen por diante no contador. Con todo o era o momento de Schumacher que gañara a carreira anterior en Monza, mentres que Häkkinen non gañara unha carreira desde o Gran Premio de Alemaña catro carreiras antes.

Ferrari copou a primeira fila con Schumacher na pole por diante de Eddie Irvine. Häkkinen foi o terceiro cualificado. No inicio, Irvine pasou a Schumacher para tomar o liderado, pero deixou pasar ao seu líder do equipo ao final da primeira volta e, posteriormente, retivo a Häkkinen. O finlandés pasouno na chicana Veedol na volta 14 e comezou a acercarse a Schumacher. O alemán entrou en boxes na volta 24, mentres que Häkkinen quedou fóra ata a volta 28, saíndo da súa parada por diante de Schumacher aínda que por menos dun segundo. Häkkinen resistiu a presión de Schumacher durante o segundo período e mantívose por pouco no liderado durante a segunda rolda de boxes. Na última parada Häkkinen afastouse de Schumacher, ampliando a súa vantaxe a cinco segundos antes de afloxar nas voltas para obter a vitoria por 2´2 segundos sobre Schumacher, co outro McLaren de David Coulthard completando o podio logo de superar a Irvine na primeira rolda de pitstops. A vitoria deu a Häkkinen unha vantaxe de catro puntos no campionato antes da carreira final en Suzuka, o que significaba que só necesitaría o segundo posto para conseguir o seu primeiro título.

Clasificación

Clasificación

Pos. Nº Piloto Construtor Tempo diferenza 1 3 Michael Schumacher Ferrari 1:18.561 — 2 4 Eddie Irvine Ferrari 1:18.907 +0.346 3 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:18.940 +0.379 4 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:19.048 +0.487 5 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:19.169 +0.608 6 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 1:19.455 +0.894 7 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 1:19.522 +0.961 8 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:19.569 +1.008 9 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 1:19.631 +1.070 10 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:19.807 +1.246 11 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 1:20.493 +1.932 12 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:20.530 +1.969 13 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:20.650 +2.089 14 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:20.709 +2.148 15 11 Olivier Panis Prost-Peugeot 1:21.048 +2.487 16 17 Mika Salo Arrows 1:21.120 +2.559 17 16 Pedro Diniz Arrows 1:21.258 +2.697 18 19 Jos Verstappen Stewart-Ford 1:21.501 +2.940 19 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 1:21.525 +2.964 20 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 1:22.078 +3.517 21 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 1:22.146 +3.585 22 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 1:22.822 +4.261107% tempo: 1:24.060Fonte:

Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 67 1:32:14.789 3 10 2 3 Michael Schumacher Ferrari 67 +2.211 1 6 3 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 67 +34.163 5 4 4 4 Eddie Irvine Ferrari 67 +58.182 2 3 5 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 67 +1:00.247 7 2 6 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 67 +1:01.359 4 1 7 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 67 +1:04.789 8 8 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 66 +1 volta 9 9 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 66 +1 volta 10 10 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 66 +1 volta 11 11 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 65 +2 voltas 12 12 11 Olivier Panis Prost-Peugeot 65 +2 voltas 15 13 19 Jos Verstappen Stewart-Ford 65 +2 voltas 18 14 17 Mika Salo Arrows 65 +2 voltas 16 15 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 65 +2 voltas 20 16 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 65 +2 voltas 19 Ret 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 56 Motor 21 Ret 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 53 Freos 6 Ret 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 37 Motor 13 Ret 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 36 Motor 22 Ret 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 6 Transmisión 14 Ret 16 Pedro Diniz Arrows 6 Hidráulica 17

Posicións logo da carreira Texto en grosa indica quen aínda ten probabilidades teóricas de converterse en campión do mundo.

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Mika Häkkinen 90 2 Michael Schumacher 86 3 David Coulthard 52 4 Eddie Irvine 41 5 Jacques Villeneuve 20

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Mercedes 142 2 Ferrari 127 3 Williams-Mecachrome 35 4 Benetton-Playlife 33 5 Jordan-Mugen-Honda 31

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Luxemburgo Categoría:Gran Premio de Luxemburgo de Fórmula 1