María Elvira Yebra Villanueva, coñecida como Viruca Yebra, nada en Sarria en 1959, é unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria Licenciada en Ciencias da Información polo Centro Universitario San Pablo C.E.U e diplomada en Relacións Públicas e Márketing pola Cámara de Comercio de Madrid. Comezou a súa carreira xornalística en El Ideal Gallego e no diario Ya. Colaborou en Debate Escolar e Triunfo. Traballou no Gabinete de Prensa de UCD en 1979. Foi xefa de Prensa da Escuela para la Democracia, do candidato a presidente do Goberno Landelino Lavilla (1982) e de Gerardo Fernández Albor (1984). En 1986 foi nomeada delegada da Xunta de Galicia en Madrid. Ese ano entrou a traballar para o ABC como xefa de sección de Vida social. Foi fundadora e primeira presidenta do Club de Periodistas Gallegos en Madrid e directora do Club Internacional de Marbella. Traballou en causas solidarias, asociacións e eventos para recadar fondos para a xente necesitada

Obras El fuego del flamboyán (2016). Córdoba: Almuzara. 400 páxs. ISBN 9788416776146. Crónica histórica sobre a emigración galega a Cuba. La última condesa nazi (2021). Espasa Libros. 584 páxs. ISBN 9788467062830. Retrata a época dourada de Marbella e a vida cotiá da jet set. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Sarria Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes