María de la Concepción Andrés Picado, coñecida como Conchita Montenegro, nada en Donostia o 11 de setembro de 1911Según otras fuentes, nació un año después e finada en Madrid o 22 de abril de 2007, foi unha modelo, bailarina e actriz española. Destacou por ser a primeira muller española que triunfou en Hollywood, tanto en castelán como en inglés.
Traxectoria Abandonou a súa cidade natal con dez anos para trasladarse a Madrid, onde comezou a formarse e fóronse desenvolvendo as súas calidades interpretativas. Sendo aínda adolescente marchou a París para asistir a clases de danza e arte dramática que recibiu na Escola do Teatro da Ópera.El País (7 de abril de 2018): La actriz española que influyó en la Segunda Guerra Mundial
Ó seu regreso a España formou un dúo de baile coa súa irmá Juanita, co nome de “Las Dresnas de Montenegro”, e triunfaron nas principais capitais europeas. Tiña outra irmá, Justa.
Rodou a súa primeira película en 1927, La muñeca rota, dirixida por Reinhardt Blotner.
Despois chegarían outras producións como Rosa de Madrid (1927) de Eusebio Fernández Ardavín e Sortilegio (1927), de Agustín de Figueroa.
Nos Estados Unidos En xuño de 1930 sae cara ós Estados Unidos. A dobraxe aínda non existía polo que o seu traballo consistía en rodar en castelán, xunto con outros actores de renome, versións dos éxitos do momento, destinadas ás salas de exhibición de España e Iberoamérica. Durante pouco máis dun ano foi estrela contratada do Metro-Goldwyn-Mayer, coa que roda ¡De frente, marchen! (1930), de Edward Sedgwick, Sevilla de mis amores (1930), de Ramón Novarro, Su última noche (1931), de Chester M. Franklin, En cada puerto un amor (1931), de Marcel Silver, The Twain Shall Meet (1931), de W. S. Van Dyke, con Leslie Howard, e Strangers May Kiss (1931), de George Fitzmaurice, con Norma Shearer e Robert Montgomery.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía J. García de Dueñas, “Conchita Montenegro. La dama escondida”, AGR coleccionistas de cine nº 21, 2004, páxs. 88-113. Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1911 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Finados en 2007