O bico mortal (en ) é un filme estadounidense de 1955 producido e dirixido por Robert Aldrich. Está protagonizado por Ralph Meeker. O guión foi escrito por A.I. Bezzerides, baseado na novela de misterio de Mickey Spillane Kiss Me, Deadly. O filme foi distribuído por United Artists. O bico mortal recadou $726 000 nos Estados Unidos e outros $226 000 no resto do mundo. O filme tivo que padecer o escrutinio da Comisión Kefauver, que o cualificou como "deseñada para arruinar os mozos televidentes", polo que o director Aldrich protestou polas conclusións da Comisión.

O bico mortal supuxo o debut das actrices Cloris Leachman e Maxine Cooper. En 1999, O bico mortal foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".

Estreouse en galego o 28 de marzo de 1998 a través da TVG.La Voz de Galicia, 28 de marzo de 1998. Páx. 79

Personaxes Ralph Meeker como Mike Hammer Albert Dekker como Dr. G.E. Soberin Paul Stewart como Carl Evello Juano Hernandez como Eddie Yeager Wesley Addy como Tenente Pat Murphy Marian Carr como Friday Maxine Cooper como Velda Cloris Leachman como Christina Bailey Gaby Rodgers como Gabrielle (Lilly Carver) Nick Dennis como Nick Jack Lambert como Sugar Smallhouse Jack Elam como Charlie Max Jerry Zinneman como Sammy Leigh Snowden como Cheesecake

Notas

Véxase tamén Bibliografía Parish, James Robert e Michael R. Pitts. The Great Science Fiction Pictures. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, 1977. . Strick, Philip. Science Fiction Movies. Londres: Octopus Books Limited, 1976. . Warren, Bill. Keep Watching The Skies: Science Fiction Films of the Fiftees Vol I: 1950–1957. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, 1982. .

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1955 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Aldrich Categoría:Filmes sobre a Guerra Fría Categoría:Filmes sobre armas e guerras nucleares Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1955 con versión en galego