Blácula, Drácula negro (en ) é un filme estadounidense de 1972 producido por American International Pictures.Gary A. Smith, The American International Pictures Video Guide, McFarland 2009 p 27 O filme foi dirixido por William Crain e está protagonizado por William Marshall no papel do príncipe africano do século XVIII Mamuwalde, que é convertido en vampiro polo Conde Drácula en Transilvania en 1780, despois de que Drácula rexeitase axudar a Mamuwalde a suprimir o comercio de escravos.

Blácula foi estreado con valoracións diversas nos Estados Unidos, mais foi un dos filmes con maior recadación dese ano. Blácula foi seguido por O regreso de Blácula en 1973 e inspirou unha onda de filmes de terror de temática blaxploitation.

Estreouse en galego o 22 de xullo de 1991 a través da TVG.

Personaxes William Marshall como Príncipe Mamuwalde / Blácula Denise Nicholas como Michelle Williams Vonetta McGee como Tina Williams / Luva Gordon Pinsent como Tenente Jack Peters Thalmus Rasulala como Dr. Gordon Thomas Emily Yancy como Nancy Lance Taylor Sr. como Swenson Logan Field como Sarxento Barnes Ted Harris como Bobby McCoy Rick Metzler como Billy Schaffer Ketty Lester como Juanita Jones Charles Macaulay como Conde Drácula Ji-Tu Cumbuka como Skillet Elisha Cook, Jr. como Sam

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1972 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre a reencarnación Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados en 1972 Categoría:Filmes de vampiros Categoría:Filmes de 1972 con versión en galego