O fitol é un alcohol diterpeno acrílico que se pode usar como precursor na produción de formas sintéticas da vitamina E e vitamina K1. En ruminantes, a fermentación no estómago dos materiais vexetais inxeridos libera fitol, un constituínte da clorofila, que despois se converte en ácido fitánico e é almacenado nas graxas. No estómago dos tiburóns orixina pristano.
Patoloxía humana
A enfermidade de Refsum é un trastorno autosómico recesivo que causa a acumulación de grandes depósitos de ácido fitánico nos tecidos, que manifesta frecuentemente polineuropatía periférica, ataxia cerebelar, retinite pigmentosa, anosmia, e perda de audición. Aínda que os humanos non poden formar ácido fitánico a partir da clorofila, poden converter o fitol libre en ácido fitánico. Así, os pacientes da enfermidade de Refsum deberían limitar o consumo de ácido fitánico e de fitol libre. Mediuse a cantidade de fitol libre en numerosos produtos alimenticios.
Funcións na natureza
Os insectos, como o escaravello Blepharida rhoi, utilizan o fitol e os seus metabolitos (por exemplo, o ácido fitánico) como axentes químicos disuasorios contra os predadores. Estes compostos orixínanse a partir de compostos das plantas hóspedes.
As evidencias indirectas indican que, a diferenza dos humanos, diversos primates non humanos pode derivar cantidades significativas de fitol a partir da fermentación no estómago de materiais vexetais.
Modulador da transcrición
O fitol ou os seus metabolitos únense e activan os factores de transcrición PPAR-alfa e o receptor X retinoide (RXR). Os metabolitos ácido fitánico e ácido pristánico son ligandos que aparecen na natureza. En ratos o fitol oral induce a proliferación masiva de peroxisomas en varios órganos.
Biomarcadores xeoquímicos
O fitol é probablemente o composto isoprenoide acrílico máis abondoso presente na biosfera e os seus produtos de degradación foron utilizados como trazadores bioxeoquímicos en ambientes acuáticos.
Aplicacións comerciais
O fitol é utilizado na industria dos perfumes e usado en cosméticos, xampús, xabóns, limpadores domésticos e deterxentes. O seu uso en todo o mundo estimouse en aproximadamednte 0,1–1,0 toneladas métricas por ano.IFRA (International Fragrance Association), 2004. Use Level Survey, August 2004.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Isofitol Fitantriol
Categoría:Alcohois Categoría:Diterpenos Categoría:Derivados de alquenos