Non confundir con American Numismatic Association. A American Numismatic Society -ANS- (en galego: "Sociedade de Numismática dos Estados Unidos") é unha unha sociedade erudita e sen ánimo de lucro dos Estados Unidos dedicada ao estudo e a investigación en materia numismática."About us". American Numismatic Society."American Numismatic Society". En Atlas Obscura.
O obxecto da sociedade é o estudo das moedas, a circulación monetaria, as medallas, as fichas comerciais e diversos obxectos relacionados, procedentes de calquera rexión do mundo e de calquera momento histórico. A súa sede central, no número 75 de Varick Street, en Manhattan, Nova York, acolle a biblioteca e a colección dedicadas á investigación numismática máis importantes dos Estados Unidos."Contact information ". American Numismatic Society. Estes recursos serven de apoio a especialistas, académicos, coleccionistas de moedas, numismáticos profesionais e persoas afeccionadas."American Numismatic Society ". En American Council of Learned Societies.
Historia A American Numismatic Society constituíuse en 1858 polo empeño dun grupo de coleccionistas neoiorquinos, nun momento de auxe na aparición de sociedades científicas en Norteamérica e en Europa. Aínda que o primeiro encontro destes coleccionistas tivo lugar no mes de marzo, a constitución formal da sociedade non tivo lugar ata o 6 de abril dese mesmo ano, cando se aprobaron os estatutos, e inmediatamente produciuse a adquisición das primeiras moedas que constituirían a súa incipiente colección."Bylaws of the ANS ". American Numismatic Society. En 1865 o nome da sociedade ampliouse a American Numismatic and Archaeological Society (ANAS), aínda que en 1907 recuperou a súa denominación orixinal."Certificate of Incorporation": "The corporate name by which this Association shall be known in law is 'The American Numismatic and Archeological Society'".
Os fundadores foron Edward Groh, James Oliver, Isaac H. Gibbs, Henry Whitmore, James D. Foskett, Alfred Boughton, Ezra Hill, Augustus B. Sage, Asher D. Atkinson, John Cooper Vail, W. H. Morgan, Thomas Dunn English e Theophilus W. Lawrence. Benson Lossing escribiu en 1884 que os obxectivos principais da sociedade eran "o cultivo da ciencia numismática, a promoción do estudo de arqueoloxía americana e o coleccionismo de moedas, medallas e espécimes de restos arcaicos”.Lossing, Benson. History of New York City: embracing an outline sketch of events from 1609 to 1830, and a full account of its development from 1830 to 1884. Volume II. Perine Engraving and Pub. Co. Nova York, 1884. Páxina 598. Máis tarde, ANS reconduciu o seu obxectivo para se centrar principalmente en todos os aspectos de moedas e medallas.
Baixo a dirección dos seus primeiros presidentes, caracterizados polo seu dinamismo, o seu enxeño e a súa xenerosidade, a ANS foi medrando ata se converter nun importante centro internacional de investigación numismática. Un destes presidentes, Archer M. Huntington, descendente da familia que construíra o Southern Pacific Railroad e un gran coleccionista, dooulle á sociedade uns terreos en Broadway e contribuíu á construción do edificio neoclásico que se inaugurou en 1908. En 1929, Huntington sufragou tamén a ampliación da construción, que dobrou o seu tamaño. Outro dos seus presidentes senlleiros foi Edward T. Newell (entre 1916 e 1941), unha autoridade na moeda grega, que fixo que a sociedade cobrase sona internacional, ademais de deixar a súa importante colección particular como legado para a institución.
Non foi ata a segunda metade do século XX cando a ANS chegou a ser a entidade de investigación numismática máis importante dos Estados Unidos. O seu gabinete alberga case un millón de obxectos e supón un recurso extraordinario para os estudantes de humanidades, e a súa biblioteca temática de arredor de 100.000 referencias é a máis completa das existentes."History of the American Numismatic Society ".
Colección
Fondo numismático A colección de moedas, medallas e papel moeda está constituída por arredor de 800.000 pezas procedentes de todos os períodos e culturas, o que a fai a máis completa do mundo en determinados campos e unha das máis significativas en xeral. A colección abrangue desde primitivos obxectos premonetarios e monetarios da Grecia Antiga e da República Romana, a partir do ano 700 a. de C., ata unha importante representación de moedas e billetes americanos, europeos e do Oriente Medio e Extremo. Ademais, pódense atopar tamén medallas e condecoracións, as máis antigas das cales datan do cuarto milenio antes da nosa era. O departamento de conservación da ANS conserva, estuda e documenta a extensa colección. Este labor inclúe o mantemento e a actualización da base de datos MANTI, que recolle todas as pezas, en moitos casos con imaxes incorporadas. Esta base de datos en liña supón unha oportunidade significativa para o estudo de numismática, xa que é unha das máis completas do seu tipo e é de acceso libre."Collections Management Policy ". American Numismatic Society.Base de datos MANTIS , cos fondos da sociedade.
Recursos en liña A American Numismatic Society tamén colabora con outras institucións do mundo para favorecer o acceso en liña ao estudo da numismática. En asociación co Institute for the Study of the Ancient World ("Instituto para o Estudo do Mundo Antigo") está a elaborar o proxecto Online Coins of the Roman Empire -OCRE- ("Moedas do Imperio Romano en Liña"), que aspira a rexistrar e facer accesibles en liña todos os tipos coñecidos das moedas deste período."Online Coins of the Roman Empire (OCRE) ". En Numismatics.org.
A ANS tamén participa no proxecto Nomisma.org, que persegue proporcionar correspondencias dixitais estables de conceptos numismáticos segundo os principios da ligazón de datos abertos (Linked Open Data).Información sobre o proxecto. Nomisma.org
Por outra parte, a sociedade mantén o sitio web The Jewish Museum in Cyberspace (“Museo Xudeu no Ciberespazo").Información sobre o proxecto. Amuseum.org
Exposicións A ANS ten aberta ao público unha pequena exposición permanente de parte dos seus fondos, na súa sede central de Manhattan."Exhibits". American Numismatic Society. Por outra parte, a ANS presta obxectos das súas coleccións a outras institucións de todo o mundo para seren exhibidos, e unha boa parte dos seus fondos están expostos permanentemente no Museo Metropolitano de Arte de Nova York."Traveling Exhibits". American Numismatic Society.
Biblioteca A biblioteca da American Numismatic Society, unha das máis completas do mundo neste campo, componse de máis de 100.000 referencias, entre libros, publicacións periódicas, catálogos de poxas, manuscritos, fotografías e folletos. Unha parte salientable da biblioteca é a sala de libros raros, coa súa colección única de literatura numismática antiga."The Harry W. Bass Jr. Library ". American Numismatic Society.
Premios O ANS recoñece con diversos premios as persoas que contribúen á numismática e ao desenvolvemento da propia institución."Awards Given by the American Numismatic Society ".
Medalla Huntington
Outórgase anualmente, na honra de Archer M. Huntington, un importante colaborador e benfeitor da ANS nos principios do século XX, que tamén presidiu a sociedade. Este premio recoñece as contribucións destacadas aos estudos numismáticos. O primeiro en recibila foi Edward T. Newell en 1918 e, desde entón foron recoñecidos con ela numismáticos relevantes como Ernest Babelon (1922), Harold Mattingly (1938), C.H.V. Sutherland (1950), Robert Carson (1977), ou os españois Mateu i Llopis (1979) e Leandre Villaronga (1993)."The Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.
Premio Sanford Saltus de Medalla Recibe o seu nome de J. Sanford Saltus, quen inaugurou este galardón en 1913. Este premio outórgaselles a escultores e gravadores pola súa distinción no campo da arte da medalla. Inicialmente tratábase dun recoñecemento exclusivo a artistas dos Estados Unidos, aínda que desde 1983 está aberto tamén aos estranxeiros. Por exemplo, o gañador en 2011 foi o portugués João Duarte."The Saltus Medal Award ". American Numismatic Society.
Premio Burnett Anderson Memorial Ademais, a ANS, en conxunto coa American Numismatic Association e o Gremio Literario Numismático (Numismatic Literary Guild) outorga o Premio Burnett Anderson Memorial (formalmente e en inglés: Burnett Anderson Memorial Award for Excellence in Numismatic Writing) concedido anualmente a un autor, xornalista ou investigador en recoñecemento das contribucións á numismática entendida como un hobby, feitas ao longo da súa carreira."Recipients of the Burnett Anderson Memorial Award". American Numismatic Society.
Trustees' Award En 2003 comezou a outorgarse este premio no marco da cea de gala anual da ANS que se celebra en xaneiro. O premio recoñece as persoas ou entidades cunha contribución extraordinaria aos propósitos da sociedade, e entre eles están figuras tan salientables como Heritage Auctions, David Hendin, Eric P. Newman, John W. Adams, Chester L. Krause ou Q. David Bowers."Recipients of the Trustees’ Award ". American Numismatic Society.
Formación En 1952, American Numismatic Society estabeleceu o seminario de posgrao que leva o nome do numismático norteamericano Eric P. Newman, un dos membros notables da entidade. Este evento formativo en materia numismática ten lugar cada verán e moitos dos seus antigos alumnos exerceron posteriormente a súa actividade docente en diversas institucións universitarias. Ademais, a ANS administra unha serie de bolsas de estudos e subvencións destinadas á promoción do estudo e da investigación en numismática."Graduate Seminar ". American Numismatic Society.
Presidentes da ANS Estes son os presidentes e os presidentes de honra da American Numismatic Society desde a súa fundación:"Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society.
Presidentes de honra (1908-1908): Benjamin Betts. (1908-1914): Daniel Parish. (1908-1916): Andrew C. Zabriskie. (1910-1955): Archer M. Huntington. (1949-50): Stephen H. P. Pell. (1978-85): Samuel R. Milbank. Presidentes (1858-1858): Isaac Hand Gibbs. (1858-1864): Robert J. Dodge. (1864-1867): Frank H. Norton. (1867-1868): Elisha Y. Ten Eyck. (1868-1870): Charles E. Anthon. (1870-1873): Benjamin Betts. (1873-1883): Charles E. Anthon. (1883-1896): Daniel Parish. (1896-1904): Andrew C. Zabriskie. (1905-1910): Archer M. Huntington. (1910-1915): Presidencia vacante. (1916-1941): Edward T. Newell. (1941-1942): Stephen H. P. Pell. (1942-1947): Herbert E. Ives. (1947-1949): Arthur S. Dewing. (1949-1959): Louis C. West. (1959-1978): Samuel R. Milbank. (1978-1984): Harry W. Bass, Jr. (1984-1990): Harry W. Fowler. (1990-1994): R. Henry Norweb, Jr. (1994-1999): Arthur A. Houghton III. (1999-2007): Donald G. Partrick. (2008-2012): Roger S. Siboni. (2013-2020): Sydney F. Martin. (2021-): Ute Wartenberg.
Publicacións Tamén é misión da ANS a divulgación dos resultados das investigacións; de feito, é a maior editora mundial sen ánimo de lucro no terreo numismático. Con este propósito, publica libros, monografías, catálogos, artigos de conferencias e actas de encontros científicos, nunha grande variedade de series e números especiais."Publications ". American Numismatic Society.
Publicacións periódicas Ademais, a ANS mantén tres publicacións periódicas: American Journal of Numismatics (1866-1924 e desde 1989), de periodicidade anual; Colonial Newsletter (desde 1960), trianual; e a revista trimestral ANS Magazine (desde 2001). Entre 1947 e 2007 publicou tamén o desaparecido Numismatic Literature."American Journal of Numismatics ". American Numismatic Society."Journal of Early American Numismatics (was Colonial Newsletter) ". American Numismatic Society."ANS Magazine ". American Numismatic Society."Numismatic Literature ". American Numismatic Society.