Antolín Luís Mariano Sánchez Presedo, coñecido como Antolín Sánchez Presedo, nado en Betanzos o 5 de abril de 1955, é un político galego membro do PSOE, e exdeputado no Parlamento Europeo.

Traxectoria Formación É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e mestrado en Dereito da Unión Europea pola Universidade Carlos III de Madrid.

Finais dos setenta e década dos oitenta Deputado no Parlamento de Galicia dende a I ata a IV lexislatura (1981-1997), e concelleiro da súa cidade natal dende 1979 ata que, en 1983, obtén a alcaldía de Betanzos ó gañar as eleccións municipais por maioría absoluta. En 1985 é nomeado Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en substitución de Paco Vázquez, motivo polo que deixa a alcaldía betanceira co fin de prepara-las eleccións autonómicas que se celebrarían en novembro dese ano.

A pesar de perde-las citadas eleccións, en 1987, e debido á moción de censura presentada contra o goberno de Xerardo Fernández Albor (que triunfaría grazas ó voto do tránsfuga Xosé Luís Barreiro), o PSdeG-PSOE acada o poder, formando un goberno tripartito coa Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego. Sánchez Presedo sería nomeado Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas dese goberno, mantendo o cargo ata a vitoria do Partido Popular nas eleccións autonómicas de 1989.

Candidatura á presidencia da Xunta En 1993 foi candidato á presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE. A contundente derrota electoral precipitou a súa saída coma Secretario Xeral do partido, situación que aproveitaría para estudar o citado máster e dedicarse posteriormente ó exercicio da avogacía.

Parlamento Europeo En 2004 regresou á política e foi elixido deputado no Parlamento Europeo, cargo que ostentou até as eleccións de 2014.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Betanzos

Ligazóns externas Ficha de eurodiputado de Antolín Sánchez Presedo (en castelán)

Categoría:Europarlamentarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Betanzos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1955 Categoría:Europarlamentarios do S&D Categoría:Europarlamentarios de España (2004-2009) Categoría:Europarlamentarios de España (2009-2014) Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia