Armeria pubigera é unha planta herbácea de folla perenne pertencente á familia Plumbaginaceae. É un endemismo, fóra de risco de extinción, que se atopa nos rochedos graníticos, e ás veces nalgúns dos areais, do litoral atlántico galego e de Viana do Castelo. É unha especie adaptada a eventos de rachas fortes de vento e ás augas salinas.

É unha especie similar e fácil de confundir coa Armeria maritima, a herba de namorar. Identificáronse na Costa da Morte hibridacións desta especie con A. beirana, resultando en Armeria x carnotana Blanco-Dios, nothosp. nov.

Descrición É unha especie perenne cun cepo leñoso e con pouca ramificación, con talos floridos e de tipo herbáceo ou subarbustivo. As súas follas distribúense facendo unha roseta basal densa. Estas son planas e longas e lineais, de 0,3 a 0,8 cm de longas e de ata 0,2 cm de anchas, cuns ápices obtusos. Os nervios dos talos, que son de 1 a 3, son algo glabros e pouco ciliados. Os talos que frolan érguense dereitos ou algo tumbados e chegan dos 5 ata os 25 cm. Na súa parte superior teñen unha vaíña tubular que os cobre en parte.

As flores saen en grupos de 2 a 5 flores e son sésiles. Teñen unha bráctea de cor verde e glabras de maior tamaño e cunhas manchas. A corola é de cinco pétalos soldados á base e ten un ton rosado.

A súa reprodución adoita ir de marzo a setembro.

Nome común Para Armeria pubigera pódense empregar os nomes vernáculos de caravel mariño, herba empreñadoira ou cravo mariño, e segundo algunhas fonte tamén herba namoreira ou namoradeira.

Sinonimia Armeria langeana Armeria parvula Armeria portensis Armeria pubigera subsp. depilata Statice pubigera

Distribución É un endemismo do litoral do noroeste peninsular ibérico, da costa atlántica.

Hábitat miniatura|dereita|Nos rochedos preto do Faro de Corrubedo. Medra en particular en áreas de rochedos do litoral, como nos cantís, e, ás veces en areais, entre os 0 metros e 50 da liña da costa. Esta especie soporta as condicións de fortes rachas de ventos e augas e solos salgados. En concreto adóitase atopar en sistemas dunares ou entre xunqueiras e en marismas. Está adapta a condicións de alta exposición á luz, inda que é quen de medrar en zonas con sombra. Está nunha área con invernos moderados e alta humidade, e en solos con pouco nitróxeno e lixeiramente ácidos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Armeria (xénero)

Categoría:Armeria Categoría:Flora de Galicia