Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, e Gabinete de Medallas e Gabinete numismático. O Gabinete de Numismática é un dos núcleos museolóxicos que constitúen o chamado Museo da Cidade do Porto, que conta cunha das maiores coleccións de numismática de Portugal, centrada sinaladamente na moeda grega, romana, visigoda, dos reinos cristiáns, árabe e portuguesa."Gabinete de Numismática ". En Guía Oporto."Gabinete de Numismática ". En Stay in Porto.

Configuración actual O Museu da Cidade é a designación dada a un conxunto de núcleos museolóxicos espallados pola cidade do Porto. Ademais do Gabinete de Numismática, os restantes núcleos son o sitio arqueolóxico da Rúa D. Hugo, a Casa do Infante (Torre Norte), o Museo do Viño do Porto e o Museo Romántico da Quinta da Macieirinha.Gilabert González, L. M. (2015). "El Proyecto del Museu da Cidade do Porto". Páxinas 103-104.Gilabert González, L. M. (2001). Páxinas 469-470.

Está instalado no Palacete dos Viscondes de Balsemão (século XVIII), no número 71 da praza de Carlos Alberto, na Baixa do Porto (metro: Trindade).Visita virtual ao edificio . En Visitasvirtuais.cm-porto.pt."Numismatics department of the Palace of the Viscounts of Balsemão". En Numista.com.

Historia A colección iniciouse en 1850, coa adquisición da colección particular de João Allen (1781-1848) polo municipio para a constitución do Museo Municipal do Porto, inaugurado en 1852 na rúa da Restauração.Pereira, Isabel. (2003). Páxina 12 .

Non foi ata 1937 cando se iniciou o proceso de inventariado da colección, que posteriormente foi trasladada ao Palacio dos Carrancas, da mesma cidade, onde foi inaugurado o Museo Nacional de Soares dos Reis, en 1942.

Naquela nova localización permaneceu a colección ata o seu traslado ás instalacións da coñecida como CasaTait (ou Quinta do Meio), na freguesía de Massarelos, en decembro de 1988. miniatura|A Casa Tait, onde estivo instalado o Gabinete de Numismática entre 1988 e 2009. Desde setembro de 2008 o Gabinete de Numismática foi trasladado para as súas instalacións actuais do Palacete dos Visconde, na praza de Carlos Alberto, onde se albergan as moedas, medallas, condecoracións, cuños e matrices de papel moeda, con series que abranguen toda a historia da numismática, desde as orixes da moeda ata a actualidade, pasando por exemplares de procedencia grega, romana, sueva, visigoda ou árabe."Museu da Cidade. Núcleos: Gabinete de Numismática". Na web de Patrimonio Cultural de Portugal.

A entrada ao museo é gratuíta e en 2009 o número de visitantes foi de 1131."Mais de 44 mil passaram pelos museus municipais". En Jornal de Notícias. 3 de agosto de 2009. O horario habitual de apertura é de luns a venres de 9:00 a 19:30 horas, e os sábados de 10:00 a 12:00 e de 15:00 a 19:00 (entre abril e outubro), e de 10:00 a 12:00 e de 13:00 a 17:30 (de novembro a marzo); pecha os domingos e festivos."Gabinete de Numismática ". En Visit Porto.

O 1 de febreiro de 2018 emprendéronse unhas obras de mantemento e reacondicionamento das instalacións que provocaron o pechamento temporal do museo."Gabinete de Numismática ". Na web da Cámara Municipal do Porto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gilabert González, L. M. La Gestión de Museos: Análisis de las políticas museísticas de la Península Ibérica. Tese de doputoramento. Universidade de Murcia. 2001. Gilabert González, L. M. "Museos, gestión y patrimonio cultural: El proyecto de la ciudad de Oporto". En PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural. Vol. 13. Nº 1. 2015. Páxinas 93-112. Pereira, I. (1980). "Moedas hispano-romanas do Gabinete de Numismática da Câmara Municipal do Porto". En Conimbriga, XIX. Páxinas 129-145. Pereira, I. (2003). "O desenvolvimento da ciência numismática na contemporanidade: técnicas de apresentação e projectos de investigação ". En Actas de la VIII reunión del Comité Internacional de Museos Monetarios y Bancarios (ICOMON). Barcelona, 2001. Museu Nacional d'Art de Catalunya. Barcelona. 2003. Páxina 12. Outros artigos Lista de museos numismáticos Ligazóns externas Sitio do Gabinete de Numismática na web da Cámara Municipal do Porto Perfil en Facebook do Gabinete de Numismática Vídeo sobre o Gabinete de Numismática. Área Metropolitana do Porto

Categoría:Museos de numismática Categoría:Museos de Portugal Categoría:Porto