Serbia,En lingua serbia, Srbija ou Србија. oficialmente República de Serbia,En lingua serbia, Republika Srbija ou Република Србија. é un país sen litoral situado na Península dos Balcáns, ao centro e sueste de Europa. Linda ao norte con Hungría, ao nordés con Romanía, ao sueste con Bulgaria, ao sur con Macedonia do Norte, ao suroeste con Montenegro e ao oeste con Bosnia e Hercegovina e Croacia. Serbia reclama, amais, unha fronteira con Albania a través do territorio disputado de Kosovo. O país posúe aproximadamente unha poboación de 6,6 millóns de habitantes, excluíndo a Kosovo. A capital, Belgrado, é tamén a súa cidade máis grande e poboada.
A actual Serbia foi creada en 1817 trala Segunda revolta serbia. Máis adiante, o país estendeu as súas terras cara ao sur ocupando o actual Kosovo, a rexión de Rascia e parte da rexión de Macedonia (en 1912). En 1918 a antiga provincia autónoma da Voivodina proclamou a súa secesión do Imperio Austrohúngaro uníndose á Serbia nese mesmo ano. As fronteiras actuais do país establecéronse trala segunda guerra mundial, cando a Serbia se converteu nun estado federal dentro da República Federal Socialista de Iugoslavia. Serbia tornouse de novo un estado independente no 2006, trala ruptura de Montenegro coa unión formada trala disolución da Iugoslavia na década dos 90.
Etimoloxía O nome de Serbia (Srbija, ou terra dos serbios) vénlle dado polos seus máis antigos poboadores eslavos, os serbios (srbi), cuxa orixe é incerta. De acordo coa Crónica de Néstor, a historia do primeiro estado eslavo oriental (o Rus de Kíiv), os serbios atópanse entre os cinco primeiros pobos eslavos que foron coñecidos polo seu nome moderno. Crese que os serbios son mencionados por primeira vez por Claudio Tolomeo no século II, na súa Geographia (libro 5, 9.21), para designar os Serboi, unha tribo que habitaba en Sarmacia, probablemente ao norte do Cáucaso, xunto ao baixo Volga, ou xunto ao Mar Negro.
Unha das hipóteses máis aceptadas é a de que os sorbios ou sorabos (Serbja) que habitan Alsacia comparten ascendencia cos serbios (en lingua serbia sorbio dise Lužički Srbii, ou serbio de Lusacia). Segundo esta hipótese, os eslavos serboi que no século V partiron do Cáucaso cara a Europa son os devanceiros comúns de serbios e sorbios, que se dividiron en dous grupos. Un dos grupos (os antepasados dos serbios), coñecido como os serbios brancos (beli srbi), emigrou aos Balcáns arredor do 610 ou 626 encabezado polo Arconte Descoñecido. Pola súa axuda ao emperador Heraclio nas súas loitas contra os ávaros, este permitiulles establecerse nunha área da provincia de Macedonia, próxima á actual cidade grega de Serbia. Posteriormente, produciuse a súa expansión cara ao norte.
Historia
miniatura|esquerda|Miloš Obrenović líder da Segunda revolta Serbia, onde o país acadou a súa independencia O actual territorio da Serbia fixo parte da provincia romana da Mesia dende o ano 29 a.C. No século VII, a rexión foi invadida polos serbios, pobo eslavo que viña de Galitsia (Europa central). Vasalos do Imperio Romano de Oriente, os serbios diferenciáronse dos croatas pola súa conversión ó cristianismo bizantino no ano 875 e pola adopción do alfabeto cirílico. A Igrexa Ortodoxa Serbia conseguiu a súa autonomía no século XIII, co Santo Sava como o seu arcebispo.
Durante a Idade Media o país gozou dun curto apoxeo durante o reinado de Estevo Duchan (1331-1355), seguido dun rápido declive. Trala derrota fronte aos turcos na batalla de Kosovo Poliê (1389), a Serbia pasou a ser incorporada ó Imperio Otomán.
Entre 1459 e 1804 Serbia estivo baixo o control dos otománs, malia as tres invasións austríacas e as numerosas rebelións. Durante a invasión, o islam tivo un período de expansión levando á conversión de moitos serbios. Estes convertidos rexeitaron chamarse serbios, adoptando a denominación de muslimani e, posteriormente, de bosníacos.
Serbia gañou a súa autonomía ó Imperio Otomán en dous levantamentos en 1804 e 1815, aínda que as tropas turcas seguiron na capital, Belgrado, ata 1867. Serbia foi un principado entre 1817 e 1882, e un reino entre 1882 e 1918, tempo no cal a política interna xirou, en gran parte, arredor da rivalidade dinástica das familias Obrenović e Karađorđević.
O asasinato na capital bosníaca, Saraxevo, o 28 de xuño de 1914, do Arquiduque Francisco Fernando, herdeiro do trono dos Habsburgo, por Gavrilo Princip, un mozo serbo-bosníaco, motivou un ultimato de Viena demandando a Serbia que lle permitira unha investigación austrohúngara do complot sobre o chan serbio. A pesar da aceptación de Serbia (o 25 de xullo) de case tódalas demandas, o Imperio Austrohúngaro declaroulle a guerra o 28 de xullo de 1914. A mobilización de Rusia en apoio de Serbia, pola súa parte, provocou un ultimato alemán demandando a retirada das súas forzas, e a declaración de guerra entre as grandes potencias durante a primeira semana de agosto.
Tralo fin da primeira guerra mundial, Serbia uniu os Reinos dos serbios, croatas e eslovenos, e cambiou o seu nome polo de Reino de Iugoslavia en 1929. Trala segunda guerra mundial, Serbia converteuse en parte da República Federal Socialista de Iugoslavia. Trala disolución da Iugoslavia en 1992, despois da Guerra dos Balcáns, Serbia formou parte da República Federal xunto con Montenegro ata o 2003, ano no que a República pasou a chamarse Serbia e Montenegro, unión que se disolveu, o 3 de xuño de 2006 trala aprobación da independencia polos montenegrinos.
Xeografía miniatura|esquerda|O Monte Midžor, o seu cumio é o punto máis alto de Serbia cunha altitude de 2.156 m Serbia atópase na península balcánica, ó sur da chaira panónica. O país atópase na encrucillada entre a Europa central, a Europa meridional, e a Europa do leste. O río Danubio (2.850 km) percorre o terzo norte do país; constituíndo a fronteira de Serbia coa Croacia e coa Romanía. O río Sava constitúe a fronteira sur da provincia da Vojvodina, uníndose co Danubio na capital, Belgrado. 60 km ó nordeste da capital, o río Tisza únese co Danubio despois de percorrer 1350 km ó longo da Ucraína.
O bordo leste do país está delimitado polos Cárpatos, os cales cruzan toda a Europa central ata xuntarse cos Balcáns. O cumio Midžor constitúe o punto máis alto do leste de Serbia cos seus 2.156 m. No sueste, os Balcáns xúntanse coas montañas Montañas Ródope, as cales chegan ata Grecia. As Montañas Sar de Kosovo forman a fronteira sur coa Albania, e posúen un dos cumios máis altos da rexión, o Djeravica (2.656 m). Os Alpes Dináricos fan fronteira oeste coa Bosnia e Hercegovina. miniatura|210px|Parque Nacional Đerdap e río Danubio. A totalidade de Serbia correspondía orixinariamente ao bioma de bosque morno de frondosas. Segundo o Fondo Mundial para a Natureza, o territorio de Serbia repártese entre catro ecorrexións:
Bosque mixto de Panonia, no terzo norte. Bosque mixto dos Alpes Dináricos, na fronteira con Montenegro. Bosque mixto dos montes Ródope, nas montañas do sueste, fronteira con Bulgaria. Bosque mixto balcánico, no resto do país.
Clima O clima de Serbia varía entre o clima continental no norte, con invernos fríos e veráns húmidos e quentes, e o clima cálido do adriático, con veráns e outonos quentes e secos e invernos relativamente fríos e con intensas treboadas. As diferenzas climáticas son dadas polas distintas elevacións, a proximidade co mar Adriático e os longos cursos dos ríos que percorren o país.Serbia, Encyclopedia Britannica Online A provincia da Voivodina posúe un clima tipicamente continental, influenciado polas masas frías de aire da Europa do norte.
A temperatura media do país entre 1961 e 1990 para o territorio situado entre os 300 m de altitude e duns 10,9 °C. As áreas atopadas entre os 300 e os 500 m de altitude teñen unhas temperaturas arredor dos 10,0 °C e aquelas situadas a máis de 1000 m de altitude teñen unha media de 6,0 °C.Basic Climate Characteristics for the Territory of Serbia , Hydrometeorologic Service of Serbia
Cidades O seguinte cadro non inclúe as cidades de Kosovo, que o 17 de febreiro de 2008 proclamou a súa independencia de xeito unilateral e que non é recoñecida por Serbia, mais si por 98 estados membros das Nacións Unidas, entre eles a meirande parte dos estados membros da Unión Europea.
Goberno e política O actual Presidente de Serbia é Boris Tadić, líder do Partido Demócrata. Foi elixido por primeira vez co 53% dos votos na segunda rolda das eleccións presidenciais serbias do 27 de xuño de 2004, despois de varias eleccións fracasadas dende o 2002. Agora segue a ocupar o cargo logo de volver a vencer nas elección celebradas o 3 de febreiro de 2008, vencendo de novo ao seu rival nas anteriores eleccións Nikolić. O actual Primeiro Ministro do Goberno de Serbia, dende o 7 de xullo de 2008 é Mirko Cvetković, que substituíu no cargo ao antigo Presidente da República Federal de Iugoslavia Vojislav Koštunica, o cal substituíra a Slobodan Milošević como en outubro do ano 2000.
O día 21 de maio do 2006 celebrouse en Montenegro un referendo no que o 55,5% dos montenegrinos decidiron a disolución da unión con Serbia, o que constituíu a fin da República de Serbia e Montenegro como estado independente. Así o 3 de xuño do 2006 o Parlamento de Montenegro proclamou a súa independencia.
Os días 28 e 29 de outubro do 2006 convocáronse ás furnas a 6,6 millóns de electores dos 8.385 colexios electorais asignados, para votar o proxecto dunha nova constitución, aprobada anteriormente polo parlamento. En dito documento reivindícase á provincia de Kosovo como parte indisoluble da actual Serbia, aínda que nela se lle dá maior autonomía. Tamén se falou da autonomía da provincia de Voivodina, de maioría húngara. O proxecto busca un achegamento de Belgrado coa Unión Europea, confirmado no artigo un, onde se asegura que Serbia é un estado baseado en estándares e valores europeos. O 17 de agosto dese mesmo a Asemblea Nacional de Serbia adoptou como himno do país Bože Pravde (Deus da xustiza) e foi elixido como escudo real, ó escudo de Obrenović, o que substitúe ó Escudo de Armas de Serbia adoptado trala segunda guerra mundial e que fora inicialmente empregado no século XIX. Con todo, logo desta reforma constitucional, o 17 de febreiro de 2008 a provincia de Kosovo, de maioría albanesa proclamou de xeito unilateral a súa independencia, parcialmente recoñecida pola comunidade internacional.
Dereitos humanos
Divisións administrativas Oficialmente, a República de Serbia, consta da rexión histórica de Serbia (actualmente coñecida como Serbia Central) e das provincias autónomas de Voivodina (en serbio: Аутономна Покрајина Војводина/Autonomna Pokrajina Vojvodina) ao norte, e Kosovo e Metohija (en serbio: Косово и Метохија/Kosovo i Metohija) ao sur. Está dividida administrativamente en 29 distritos (en serbio: Округ/Okrug) e a Cidade de Belgrado.
Dos trinta distritos (incluída a Cidade de Belgrado), sete están situados en Voivodina, dezaoito en Serbia Central e os cinco restantes en Kosovo. Esta rexión atópase fora da administración gobernamental dende 1999, ano en que a Misión de Administración Provisional das Nacións Unidas en Kosovo se encargara desta. O 17 de febreiro de 2008, Kosovo proclamou a súa independencia, non recoñecida por Serbia, e que se atopa en disputa na Organización das Nacións Unidas. Os distritos, pola súa parte, están divididos en concellos. No total son 192: 108 en Serbia Central, 54 en Voivodina e 30 en Kosovo. Serbia Central non é unha división administrativa, ao contrario que as dúas provincias autónomas, e non ten goberno propio.
Distritos por provincia miniatura|300px|Divisións administrativas de Serbia. miniatura|210px|A cidade de Belgrado, capital de Serbia e do distrito ao que dá nome. miniatura|210px|Novi Sad, capital de Voivodina. miniatura|210px|Priština, capital de Kosovo. Serbia Central