Isaac Abravanel ou Abarbanel ( Isaac ben Yehuda de Abravanel) nado en Lisboa en 1437 e finado en Venecia en 1508, foi un teólogo, comentarista bíblico e empresario xudeu que estivo ao servizo dos reis de Portugal, Castela e Nápoles, así como da República de Venecia. Foi o pai do coñecido filósofo León Hebreo.

Traxectoria Os seus antepasados pertencían a unha destacada familia de xudeus de Sevilla, que emigrou a Portugal tras as persecucións de 1391. O seu avó, Samuel Abravanel, fora tesoureiro dos reis Henrique II e Xoán I de Castela.

Isaac foi tesoureiro do rei de Portugal, Afonso V, pero en 1483 fuxiu a Castela debido á represión lanzada polo novo rei, Xoán II, contra a Casa de Bragança, coa que Abravanel estaba relacionado. Instalouse primeiro en Plasencia e posteriormente en Alcalá de Henares e Guadalaxara. Foi axente probado, comercial e financeiro, dos reis Isabel e Fernando, aos que prestou importantes sumas para financiar a guerra de Granada. Na facenda castelá relacionouse co tamén xudeu Abraham Senior, o seu protector, do que se fixo íntimo amigo. asociándose aos seus negocios e ocupando o cargo de factor maior.Jewish Encyclopedia Ambos tamén realizaron xestións, inicialmente infrutuosas, a favor do proxecto de expedición transatlántica de Cristovo Colón.Daniel Mesa Los judíos en el Descubrimiento de América.

Ao contrario que Senior, negouse a converterse cando o edicto de Granada (31 de marzo de 1492) dispuxo a expulsión dos xudeus de España, que ambos tentaran inutilmente evitar utilizando a súa influencia sobre os Reis. Obrigado a saír de España, aínda que conservando a súa fortuna, instalouse no reino de Nápoles, onde estivo ao servizo do rei Ferrante e do seu sucesor, Afonso II.Fernando e Isabel se mostraron xenerosos: compensaron ás débedas que aínda tiña co Fisco aceptando como pago as obrigacións dos debedores cristiáns; sumaban unhas e outras máis dun millón de marabedís. Ademais recibiu a autorización especial para sacar ata mil ducados en ouro e xoias polo porto de Valencia. (Luis Suárez Fernández, La expulsión de los judíos, reproducido en vallenajerilla.com). Cando o reino foi invadido por Carlos VIII de Francia (1495), Abravanel debeu exiliarse a Sicilia co rei Afonso II. Posteriormente residiu en Corfú, na cidade de Monopoli, no norte de África, e por último en Venecia, onde faleceu en 1508.

Segundo a carta do pintor Leonid Pasternak, pai de Borís Pasternak, ao poeta Jaim Najman Biálik escrita en 1923, os Pasternak descendían de Isaac Abravanel.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Diálogos de amor. Recensión na enciclopedia Noguer Jewish Encyclopedia. Biografía de Borís Pasternak escrita por Dmitri Býkov, segundo a cal os Pasternak descenderían de Isaac Abravanel.

Categoría:Nados en 1437 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Finados en 1508 Categoría:Personalidades do xudaísmo de España