miniatura|Tocando a gaita, miniatura das Cantigas de Santa María. A literatura galega é, segundo criterios filolóxicos, aquela que se escribe en lingua galega. (1975): Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Ed. Galaxia (2ª ed.) Ao longo do tempo, en paralelo á historia e evolución do idioma galego desde o seu nacemento no século IX até hoxe, alternou momentos de esplendor con períodos de decadencia.
Etapas da literatura galega Período Medieval (XII – XV)
A literatura galego-portuguesa medieval é aquela escrita en galego-portugués en diversas zonas da Península Ibérica entre os séculos XII e XV. Esta inclúe lírica sacra e profana e diferentes tipos de prosa. Este é un período de esplendor xa que é cando a literatura galego-portuguesa acada un prestixio que vai ir perdendo nos séculos seguintes. A importancia que tivo a literatura en galego-portugués para a Península Ibérica pódese comparar á importancia da literatura occitana en Europa Central e do Mediterráneo. A finais do século XV imprímense os primeiros incunables no reino de Galiza.
Séculos Escuros (XVI - XVIII)
O idioma entra nunha etapa de absoluta decadencia a nivel literario, aínda que siga sendo a lingua oral máis empregada pola sociedade galega do momento.
Prerrexurdimento (1808 - 1863)
Hai unha primeira etapa de recuperación do prestixio da lingua galega tralos séculos de decadencia que sufriu.
Rexurdimento (XIX) miniatura|200px|Rosalía de Castro.
A lingua galega recupérase por completo coa chegada de moitos dos máis importantes escritores en galego: Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal...
Intersecular
Con literatura galega do período intersecular referímonos á creación literaria producida durante o ocaso do século XIX e os albores do XX.
Século XX
O idioma ten pasado por momentos de estabilidade e outros de decadencia. O primeiro terzo do século XX ten sido de esplendor, sobre todo polo labor dos homes vinculados ás Irmandades da Fala, á Xeración Nós (Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco...) e ao Seminario de Estudos Galegos. Tras esta etapa de recuperación, volve de novo outra etapa escura debido á guerra civil española e á ditadura, que supuxeron o abandono da lingua a nivel escrito en Galiza a pesar de ser a lingua máis falada pola poboación; con todo, a chama da literatura seguiu acesa na Galiza exterior (o exilio americano, principalmente).
A partir dos 50 comeza unha leve recuperación, coa fundación da Editorial Galaxia e outros proxectos. Coa instauración da democracia, no ano 1978 apróbase a Constitución española, recoñecéselle ao galego o carácter de lingua cooficial xunto co castelán, manténdose unha situación de desequilibrio até o día de hoxe. Esta relativa protección da lingua galega, incrementada co Estatuto de Autonomía e a Lei de normalización lingüística, axuda a que xurda unha nova etapa de recuperación da literatura nos máis variados xéneros, incluída a literatura infantil e xuvenil.
Literatura galega actual (século XXI)
Canto á creación literaria, non se acostuma falar dunha ruptura coa nova chegada do século, senón dunha continuación do labor das últimas décadas do século XX.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
(2013): Historia da literatura galega I. Das orixes a 1853, Xerais, ISBN 978-84-9914-551-8. ———— (2014). Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, Xerais, ISBN 978-84-9914-764-2. ———— (2016). Historia da literatura galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades (2016). Xerais. 520 páxs. ISBN 978-84-9121-107-5. ———— (2019). Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A "longa noite" (2019). Xerais. 544 páxs. ISBN 978-84-9121-481-6. (1999): "Pervivencias del teatro medieval gallego" .
Outros artigos Biblioteca Virtual Galega