Jaime Garrido Vila, nado en Vigo o 6 de febreiro de 1940, é un delineante e sindicalista galego.
Traxectoria En abril de 1960 participou con Víctor Francisco Cáceres, Manuel Rodríguez González e Augusto Docampo Soto nunha reunión en Vigo na que se constituíu un grupo anarquista denominado Frente Democrático Juvenil (FDJ), do que foi nomeado secretario ao pouco tempo substituíndo a Manuel Rodriguez. Despois da participación do grupo nunha folga en solidariedade cos mineiros asturianos, unha serie de arrestos en agosto de 1962 desmantelan a CNT e o grupo. Jaime Garrido foi arrestado o 4 de agosto e condenado en consello de guerra o 23 de novembro a nove anos de prisión, acusado de ser o representante da CNT no Frente Juvenil Democrático.ABC, 24-11-1962, p. 70. Preso en Bilbao, foi despois transferido á prisión de Burgos onde asumiu responsabilidades no Comité interior da prisión con Enrique Marco Nadal e Víctor Francisco Cáceres. En febreiro de 1964 beneficiouse dunha redución dun cuarto da pena e foi posto en liberdade en 1965. Continuou militando na CNT de Vigo e mantendo os contactos co exilio.
En 1972 foi un dos fundadores das Comisións Obreiras no Porriño e participou na folga de Vigo que lle valeu ser encarcerado máis de seis meses.La Voz de Galicia, 22-9-1972, p. 14. Cando foi liberado, traballou nunha fábrica azucreira en Áraba onde foi novamente arrestado en 1973. Regresou a Vigo o ano seguinte e participou con José Luís Quintas Figueroa na reorganización da CNT, o que lle valeu un novo arresto.
Despois da morte de Franco, seguiu participando nos anos oitenta nas actividades da CNT.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Anarquistas de Galicia
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes