Coñécese como ouro nórdico a aliaxe de cor dourada coa que se cuñan as moedas divisionarias do euro con valores faciais de 50 céntimos, 20 céntimos e 10 céntimos."Euro coin alloy ". Predecimal.com."Elementos de seguridad". Banco Central Europeo. A súa composición é dun 89 % de cobre, 5 % de aluminio, 5 % de cinc e 1 % de estaño."Nordic Gold ". Notes on Metals. Melting Point and Density of Metals."Nordisches Gold". En Lexikon Wissen.de."Oro nórdico". En Alfaro Asins (2009).

Esta mesma aliaxe xa estivera en uso con anterioridade en Suecia, nas súas moedas de 5 coroas e de 10 coroas; de aí a orixe da denominación "ouro nórdico" (do sueco: nordiskt guld). Posteriormente, tamén se utilziou para as moedas polacas conmemorativas de 2 zloty."Nordic Gold in our pockets". Scandinavian Copper Development Association.

Malia o seu nome, non contén nada de ouro e a súa cor, aínda que semellante, é claramente diferenciable. É unha aliaxe resistente á corrosión, non alerxénica e con propiedades antifúnxicas.Quaranta, D. et al. "Mechanisms of Contact-Mediated Killing of Yeast Cells on Dry Metallic Copper Surfaces ". En Applied and Environmental Microbiology. Xaneiro de 2011. 77 (2): 416-426.Ha, H. et al. "Tarnishing and Cu Ion release In Selected Copper-Base Alloys: Implications Towards Anti-Microbial Functionality". En 220th ECS Meeting. The Electrochemical Society. 2011.

miniatura|Moedas divisionarias do euro cuñadas en ouro nórdico.|centro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Metais e aliaxes de cuñaxe Bronce Latón

Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7

Ligazóns externas "Ouro nórdico". Por Sérgio Mendes.

Categoría:Aliaxes Categoría:Metais e aliaxes de cuñaxe