O Sud Aviation Caravelle é un reactor francés de pasaxeiros de alcance curto/medio. Ten a distinción de ser o primeiros avión de pasaxeiros a reacción desenvolvido para o mercado do curto e medio alcance.
O desenvolvemento do Caravelle polo fabricante francés SNCASE, unha compañía que tiña gañas de producir un avión de pasaxeiros que utilizase a nova tecnoloxía da propulsión a reacción, comezou a principios dos anos 50. Co obxectivo de conseguilo, SNCASE asociouse con compañías británicas como de Havilland (que proporcionou deseño e compoñentes que desenvolvera para o seu propio reactor de pasaxeiros, o de Havilland Comet) e Rolls-Royce Limited (o provedor do motor do Caravelle, o Rolls-Royce Avon). A meirande parte do desenvolvemento do avión, incluído o seu voo de estrea o 27 de maio de 1955, foi realizado por SNCASE. Na época na que o Caravelle entrou en servizo o 26 de abril de 1959 a firma fusionárase no conglomerado Sud Aviation.
Aos poucos anos de entrar en servizo o Caravelle converteuse nun dos reactores de pasaxeiros de primeira xeración máis exitoso de Europa. O avión logrou importantes vendas para operadores en toda Europa e ata logrou penetrar no mercado dos Estados Unidos, pedindo United Airlines 20 unidades. O Caravelle estableceu o motor montado a popa e a configuración de á limpa que aínda é usado no presente en avións de pasaxeiros pequenos.
Variantes +VariantesVarianteLonxitudeMotoresPasaxeirosCaravelle I32,01 mRA-29 Mk.52280Caravelle IA32,01 mRA-29 Mk.522A80Caravelle III32,01 mRA-29 Mk.527 and 527B80Caravelle VI-N32,01 mRA-29 Mk.531 and 531B80Caravelle VI-R32,01 mRA-29 Mk.533R80Caravelle 10R32,01 mP&W JT8D-780Caravelle 11R32,71 mP&W JT8D-789-99Caravelle 10B33,01 mP&W JT8D-7105Caravelle 1236,24 mP&W JT8D-9140
Notas
Categoría:Aeronaves de Sud Aviation Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1955