Güneşi Gördüm é un filme turco de 2009 escrito, dirixido e protagonizado por Mahsun Kırmızıgül. Conta a historia dunha familia kurda que é obrigada a abandonar a súa vila no sueste de Turquía por mor do conflito bélico. O filme, que se estreou o 13 de marzo de 2009, foi un dos filmes con maior recadación en Turquía dese ano, sendo estreado de novo o 18 de setembro de 2009. O filme foi o candidato de Turquía para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa da 82ª edición dos premios, pero finalmente non foi nomeado.

Personaxes Mahsun Kırmızıgül como Ramo Cemal Toktaş como Kadri Yıldız Kültür como Pakize Sarp Apak como Ahmet Buğra Gülsoy como Berat Ali Sürmeli como Nedim Altan Erkekli como Davut Erol Günaydın como Samet Demet Evgar como Havar Cezmi Baskın como Bünyamin Şerif Sezer como Gülistan Itır Esen como Doutor

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Turquía propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua turca Categoría:Filmes de Turquía Categoría:Filmes ambientados en Turquía Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Turquía