François Georges-Picot, nado en París o 21 de decembro de 1870 e finado na mesma cidade o 20 de xuño de 1951, foi un diplomático e avogado francés quen negociou o Acordo Sykes-Picot co avogado británico, Mark Sykes entre novembro de 1915 e marzo de 1916. O acordo foi un tratado secreto que propuxo que, cando se iniciase a partición do Imperio Otomán despois da teórica vitoria por parte da Tripla Entente, o Reino Unido, Francia e, máis tarde, Rusia e Italia, dividiríanse entre si os territorios árabes baixo influencia otomá.

Traxectoria Picot graduouse en Dereito e converteuse en avogado do Tribunal de apelación de París en 1893. Converteuse en diplomático en 1895 e agregouse á Directiva de Política en 1896. Converteuse en secretario do embaixador en Copenhaguen e en Pequín antes de ser nomeado Cónsul-Xeral de Francia en BeirutThe Climate of French Imperial Expansion 1914-1924 un pouco antes do comezo da primeira guerra mundial.

No Cairo, mantivo boas relacións cos maronitas do Líbano. No verán de 1915 o Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia o mandou de volta a París. Como membro do Partido Colonial francés avogou en favor do grupo que apoiaba un Mandato francés de Siria durante as negociacións do Acordo Sykes-Picot e unha «Siria integral», desde Alexandreta (na Turquía actual) ao Sinaí e desde Mosul ata a costa mediterránea.Britain and France conclude Sykes-Picot agreement Publicado por History.com

Foi nomeado alto comisionado en Palestina e Siria entre 1917 e 1919, ministro plenipotenciario en 1919, alto comisionado de Bulgaria en 1920 e embaixador na Arxentina.

Familia Foi fillo do historiador Georges Picot e tío-avó do presidente francés Valéry Giscard d'Estaing. Casou con Marie Fouquet en París o 11 de maio de 1897 e tiveron tres fillos: Jean Georges-Picot, Élisabeth Georges-Picot (1901 - 1906) e Sibylle Georges-Picot. A súa neta Olga Georges-Picot actuou na película Chacal.After 100 years, the mess we made of the Middle East is coming full circle Publicado por The Spectator

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Vincent Cloarec, Henry Laurens Le Moyen-Orient au 20e siècle, París: Armand Colin (2003) pages 218-219 ISBN 2-200-26614-6

Outros artigos Carta de Cambon Declaración Balfour

Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Nados en París Categoría:Diplomáticos de Francia