Xosé Ramón Freixeiro Mato, nado en Vilanova (Cances, Carballo) o 13 de outubro de 1951, foi profesor titular, primeiro, despois catedrático (desde 2010) e profesor emérito na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Galego-Portuguesa ata a súa xubilación en 2021.
Traxectoria Despois dunha infancia como neno labrego, pasou por internados relixiosos en Allariz e Cambados, e examinouse por libre nun instituto da Coruña para obter o título de bacharelato superior. A seguir, estudou Maxisterio nesa mesma cidade e nela traballou como profesor de EXB nun colexio privado durante sete anos. Licenciouse posteriormente en Filoloxía Románica e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade da Coruña cunha tese sobre Antonio Noriega Varela. Foi profesor en institutos de ensino secundario da Coruña e Arteixo e obtivo a praza de catedrático de Lingua e Literatura galegas no ensino medio, cargo desempeñado na cidade herculina. Xa doutorado, accedeu en 1993 á praza docente na UDC.
Obras Ensaio A cara oculta de Noriega Varela (1992). Santiago: Laiovento. Da montaña o corazón (1993). A Coruña: Fundación Caixa Galicia. Sebastián Martínez-Risco na cultura galega (1994). Santiago: Laiovento. Rafael Dieste: Vida, personalidade e obra (1995). Santiago: Laiovento Os diminutivos en galego (1996). Vigo: A Nosa Terra. Lingua galega: normalidade e conflito (1997). Santiago: Laiovento. Gramática da Lingua Galega (Volumes I-II-III e IV, 1998-2003. Vigo: A Nosa Terra. Manual de gramática galega (2001. Vigo: A Nosa Terra. Os marcadores discursivos: conectores contraargumentativos no galego escrito (2005). Universidade da Coruña). Lingua, nación e identidade (2006). Santiago: Laiovento. Cucou o cuco cuqueiro. (Lingua e estilo na obra de Manuel María) (2007). A Coruña: Fundación Caixa Galicia. Lingua de calidade (2009). Vigo: Xerais. Estilística da lingua galega (2013). Vigo: Xerais. A poesía oculta de Filgueira Valverde (2015). A Coruña: Baía Edicións. Idioma e sociedade. Sobre a normalización e planificación (2020). Santiago: Laiovento. 294 páxs. ISBN 978-84-8487-484-3. A estrela que nos guía. O galego entre un pasado brillante e un incerto futuro (2023). Fundación Moncho Reboiras. 184 páxs. ISBN 978-84-09-51450-2.
Edicións Antonio Noriega Varela. Obra completa, estudo e edición (1994). Deputación de Lugo. A torre de Peito Burdelo, de Galo Salinas (1994). Cadernos da Escola Dramática Galega). Antoloxía da prosa literaria medieval (1996). AS-PG/A Nosa Terr). Sebastián Martínez-Risco, ensaísta e poeta (obra inédita e esquecida) (1996). Sada: Ediciós do Castro. Os séculos escuros e a Ilustración galega. Antoloxía (1996). AS-PG/A Nosa Terra. Cos pés na Terra: personalidade e obra inédita ou esquecida de Manuel García Barros (1999). A Fouce. Onde ferve o amor por Galiza. Correspondencia do galeguismo exterior con Sebastián Martínez-Risco (1942-1977) (2017). Deputación da Coruña. Unha amizade con Ferrol ao fondo. Correspondencia entre Carvalho Calero e Tomás Barros (1947-1983) (2023). Club de Prensa de Ferrol-Xunta de Galicia. Manuel María e Portugal: Cartas de alén do Miño (1960-2004) (2026). Fundación Manuel María. 732 páxs. ISBN 9791399009347. Edición de Xosé Ramón Freixeiro Mato e Manuel Ferreiro Fernández.
Obras colectivas Teatro nas aulas: dez cadernos da Escola Dramática Galega (1987, Editorial Vía Láctea). Con Teresa Fandiño Barreiro e César Morán. Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento (1988, Vía Láctea). A poesía e o teatro interseculares (1996, AS-PG/A Nosa Terra). Con Francisco Pillado Mayor). Historia da lingua galega (1998), A Nosa Terra). Con Anxo Gómez Sánchez. Castelao na Galiza do século XX. Actas do Simposio (1999, AS-PG/Universidade da Coruña). Coeditor con Manuel Ferreiro Fernández. As linguas minoritarias europeas no ámbito do ensino: análise da situación en Galiza, País Basco e Bretaña (2002, AS-PG). Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Pensar en Galiza: antoloxía posíbel de colaboracións publicadas na última etapa do Terra e Tempo (2004, Terra e Tempo). A lingua literaria galega no século XIX (2005, Universidade da Coruña). Con Xosé Manuel Sánchez Rei e Goretti Sanmartín Rei. Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (2006, Xerais). Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre Lingua e Usos (2008, Universidade da Coruña). Con Marisol Ríos e Lucía Filloy. Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María). Sobre o racismo lingüístico (2009, Laiovento). Lingua e futuro (2010, Laiovento). Follas de Carballo (2011, Asociación Cultural Lumieira). Carvalho Calero atual (2012, Através Editora). Modelos de lingua e compromiso (2014, Baía Edicións).
Premios Gañador do VII Premio Literario Ánxel Fole no 1993, por Da montaña o corazón. Gañador do XX Premio Literario Ánxel Fole no 2006, por Cucou o cuco cuqueiro. Lingua e estilo na obra de Manuel María. Premio da Crítica Galicia á Investigación en 2014, por Estilística da lingua galega. 2025: Premio Rosalía da Deputación da Coruña polo seu labor polo galego. 2025: XXIX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais por Separados por uma língua comum. Lusofilia e galeguidade na correspondência entre intelectuais da Galiza e do Norte de Portugal no século XX Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Reflexións sobre a lingua galega a propósito da reforma normativa", texto de por X. R. Freixeiro Mato.
Categoría:Lingüistas da lingua galega
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1951 Categoría:Premio Ánxel Fole Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña