Lino López Amado, nado o 1 de febreiro de 1976 en Ferrol, é un antigo xogador e un adestrador de baloncesto galego.

Traxectoria

Como xogador Lino López, que xogaba como base cando estaba en activo, comezou a xogar de maneira profesional para o xa desaparecido Club Ferrol Baloncesto en 1997, que daquela se chamaba Abeconsa Ferrol, na división EBA. Nesa tempada inicial ascenderon precisamente á Liga LEB. Permeneceu nese club ata o ano 2001, cando marchou xogar a Menorca co tamén xa liquidado Menorca Bàsquet, que daquela se chamaba Coinga Menorca. Ao remate desa tempada regresou ao Ferrol Baloncesto, cando o club departamental estaba en LEB 2 trala reestruturación das categorías. En 2004 marchou a Pontevedra, onde disputou dúas campañas co Celso Míguez. En 2006 ficha polo WTC Cornellà, pero só xoga un par de meses e remata a tempada en EBA co Peixefresco de Marín.

Rematará a súa vida deportiva como xogador con catro temporadas consecutivas no Básquet Coruña, chamado inicialmente Ferroplast (en EBA, xa daquela chamada Bronce), e despois denominado Leyma, a partir de 2009 e en LEB Prata.

Como adestrador Ao que se retirou da práctica activa do baloncesto comezou a súa carreira como adestrador. En 2011 empezou como axudante, ao carecer de título, no Universitario de Ferrol, na Segunda División da Liga Feminina. Continuou no conxunto departamental sete temporadas, durante as que viviu o ascenso, en 2014, á primeira división. O seu traballo levouno a ser chamado por un dos principais equipos de España, o Perfumerías Avenida de Salamanca, para adestrar o conxunto a partir de 2018.

Notas

Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Adestradores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores de baloncesto da Liga LEB Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña Categoría:Xogadores do Club Ferrol Baloncesto Categoría:Xogadores do Menorca Bàsquet Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Pontevedra Categoría:Xogadores do CB Cornellà Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1976 Categoría:Bases de baloncesto