Un caldeiro de sangue (en ) é un filme estadounidense de comedia e terror de 1959 dirixido por Roger Corman. Está protagonizado por Dick Miller e está ambientado na cultura beatnik. O filme, producido cun orzamento de 50 000 dólares, foi rodado en cinco días e comparte moitos trazos estéticos da rodaxe con baixos orzamentos da obra de Corman. Escrito por Charles B. Griffith, o filme é unha sátira de comedia negra e conta a historia dun mozo impresionable nun café bohemio que é aclamado como un brillante escultor cando mata por accidente o gato da súa caseira e cobre o seu corpo con arxila para agochar a evidencia. Cando é coaccionado para facer máis obras, convértese nun asasino.Gary A. Smith, The American International Pictures Video Guide, McFarland 2009 p 35

Estreouse en galego o 9 de decembro de 2001 a través da TVG.

Personaxes Dick Miller como Walter Paisley Barboura Morris como Carla Antony Carbone como Leonard de Santis Julian Burton como Maxwell H. Brock Ed Nelson como Art Lacroix John Brinkley como Will John Herman Shaner como Oscar Judy Bamber como Alice Myrtle Vail como Mrs. Swickert Bert Convy como Lou Raby

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Roger Corman Categoría:Filmes de 1959 con versión en galego