Urraca Froilaz (Urraca Froile) foi unha nobre galega de finais do século XI, filla do conde Froila Arias de Traba e Ardiu Díaz de Aranga.

Traxectoria esquerda|miniatura|Territorio aproximado da herdanza paterna de Urraca Froilaz. A unión das terras de Urraca, entre o río Tambre e o mar, e as do seu home Pedro Froilazn na zona noroccidental do reino, deron lugar ao Condado de TrastámaraLÓPEZ SANGIL 2005. p. 22. Foi unha importante aristócrata, descendente dalgunha das mais antigas liñaxes nobiliarias galegas. A súa nai Ardiu Díaz (Ardiu Diat), proviña da familia dos condes de Présaras, fundadores do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, foi filla do conde Diego Gutérrez, mordomo regis do rei Fernando I e da nobre Acenda Seriz. O seu pai o conde Froila Arias, foi señor da terra de Traba, nas bisbarras de Soneira e Bergantiños, e irmán do bispo Cresconio de Iria, tutor do rei García II.

De ambos proxenitores herdou importantes dominios territoriais e outras posesións. Entre estas últimas, un palacio en Compostela, situado entre o Mosteiro de San Martiño Pinario e a igrexa de Santiago, e o Mosteiro de San Xoán de Sabardes, que restaurou e dotou de importantes bens. Por parte da súa nai Acenda, Urraca herdou tamén a reclamación da propiedade do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Este mosteiro, pasara á propiedade real após a fracasada revolta de Sexeredo, visabó de Urraca contra o rei Fernando I no ano 1050. Baseándose nesta reclamación, no ano 1118, a raíña Urraca e o seu fillo Afonso VII restituiron o mosteiro aos seus fillos Vermudo e Fernán.

Urraca casou no ano 1088 con Pedro Froilaz, herdeiro como ela de extensos territorios situados na área noroccidental do reino galego, a unión das pertenzas dos cónxuxes abranguían a maior parte da actual provincia da Coruña, desde o río Tambre até o Mar Cantábrico e desde as terras de Aranga até o océano Atlántico, e conformaron o Condado de Trastámara, cuxo primeiro posesor coñecido foi o propio Pedro Froilaz (in Trastamar comite Petrus Froyle).

Urraca Froilaz faleceu no ano 1102 deixando cinco fillos do seu casamento con Pedro FroilazLÓPEZ SANGIL 2005. p. 53:

Vermudo Pérez de Traba (Vermudo Petriz Galleciae), señor de Faro e Caamouco. Fernán Pérez de Traba (Fernandus Petri de Trava), príncipe de Galiza e Conde de Trastámara. Lupa Pérez de Traba (comitissa domina loba), condesa de Monterroso. Ximena Pérez, da que só se coñece unha doazón do ano 1114. Froila Perez, morto prematuramente no ano 1102.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

López Sangil, Jose Luis - A Nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Toxosoutos. 2005

Categoría:Casa de Traba Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Nobres de Galicia do século XII