right|200px|miniatura|O Ataque (1899), de Edvard Isto, simboliza o comezo da rusificación de Finlandia. A aguia bicéfala de Rusia arrebata a lei dos brazos da dama de Finlandia. A rusificación de Finlandia (en traducible como tempos/anos de opresión) foi unha política do Imperio ruso que pretendía limitar o status especial do Gran Ducado de Finlandia e posiblemente acabar coa súa autonomía política e cultural entre 1899–1905 e 1908–1917, pretendendo integrala plenamente no ámbito político, militar e cultural do Imperio ruso. Formou parte dunha política maior de rusificación levada a cabo a finais do século XIX e comezos do XX polos gobernos rusos que pretendían abolir a autonomía cultural e administrativa das minorías non-rusas dentro do imperio.
As dúas campañas de rusificación tiveron unha ampla resistencia en Finlandia, comezando polas peticións e seguindo con folgas, resistencia pasiva (incluíndo resistencia ao recrutamento) e tamén eventualmente actuacións de resistencia activa. A oposición finlandesa á rusificación foi un dos principais factores que levaron á declaración de independencia de 1917.
Anexión de Finlandia á Rusia imperial
miniatura|dereita|300px|A inauguración da Dieta de Porvoo por Alexandre I en 1809. O Imperio Ruso atacou o Imperio Sueco en 1808, na que posteriormente se coñeceu como "guerra finlandesa". O 17 de setembro de 1809 Finlandia pasou a formar parte do Imperio ruso mediante o tratado de Hamina, polo cal Suecia renunciaba a este territorio. Ese mesmo ano, a Dieta de Finlandia recoñeceu ao tsar Alexandre I de Rusia como gran duque de Finlandia. Pola súa banda, Alexandre confirmou os dereitos dos finlandeses, en particular, prometendo a liberdade manter os seus costumes e relixión, así como manter a súa identidade:
Reinado de Nicolao I
Cando morreu Alexandre I, o seu irmán Nicolao sucedeuno no trono. O novo gran duque de Finlandia confirmou o status constitucional especial do Gran Ducado como país independente, aínda que vinculado ao Imperio ruso, baixo o seu mando.
Durante moitos anos, Rusia permitiu que os diferentes pobos que se unían ao seu imperio controlaran os seus propios asuntos locais. Esta política supuxo que as diferentes áreas conquistadas durante este tempo, como os países bálticos, Polonia e especialmente Finlandia, mantiveran unha ampla autonomía durante varios anos.
Durante os reinados de Alexandre I e Nicolao I, a política rusa apenas afectou ao Gran Ducado de Finlandia. Foi durante o reinado de Alexandre II cando o nacionalismo ruso comezou a tratar de destruír o status especial de Finlandia como estado independente.
Reinado de Alexandre II
miniatura|dereita|200px|Alexandre II de Rusia en 1880. Tras a morte de Nicolao I en 1855, Alexandre II subiu ao trono de Rusia e converteuse no novo gran duque de Finlandia. O novo tsar respectou o status especial e a autonomía de Finlandia.
A rebelión polaca, que comezou o 22 de xaneiro de 1863 supuxo o final das principais reformas sociais en Rusia. Porén, permitiuse que reformas iniciadas en Finlandia en 1856 e 1863 continuaran vixentes sempre que se abandonasen os intentos de separatismo. O primeiro intento de asasinar ao emperador tivo lugar ne 1866.
Asasinato do tsar
As relacións entre Finlandia e Rusia empeoraron lentamente desde a década de 1880. O motivo debeuse á intensificación da vella tendencia nacionalista na política rusa. A razón máis evidente para a adopción desta nova política foi o asasinato do tsar en 1881, pero tamén estivo relacionada co aumento do imperialismo paneuropeo, que viu que as nacionalidades minoritarias debían fusionarse coa maioría para asegurar a unidade do reino.
Os nacionalistas rusos tomaron como exemplo a política alemá nos territorios polacos. O novo emperador, Alexandre III deixouse guiar polos vellos nacionalistas e aceptou amplamente as súas accións.
Entre os paneslavistas rusos xa houbo intencións claras de nacionalizar Finlandia durante a guerra de Serbia de 1876-1877. O coronel finlandés Evert Gustav Waldemar Becker, que loitara en Turquía e nos Balcáns, xa estaba familiarizado cos plans paneslavistas rusos para Finlandia, que so esperaban o momento adecuado para poder poñerse en marcha. En 1880, Becker escribiu na revista francesa Le Contemporain un artigo titulado Finlandia independente e imparcial, no que definiu a posición do Gran Ducado de Finlandia dentro do Imperio ruso, recoñecendo a importancia finlandesa para Rusia como forma de evitar ataques sobre San Petersburgo. Becker tamén escribiu sobre as futuras medidas represivas 20 anos antes de que estas comezaran, detallando as medidas de nacionalización que se implantarían posteriormente. Tamén escribiu sobre a resistencia armada, a retirada de Finlandia de Rusia e a independencia do país. Tanto en Finlandia como en Rusia, os seus escritos foron recibidos con desaprobación e con temor de que puxeran en perigo as boas relacións entre ambos países.
Reinado de Alexandre III
miniatura|200px|Alexandre III xunto a súa muller María Feodorovna nunha visita a Dinamarca en 1893. Aínda que Alexandre III confirmou o status autónomo de Finlandia, as primeiras medidas de rusificación tiveron lugar durante o seu reinado, cando o servizo de correos de Finlandia quedou subordinado ao de Rusia. Durante o seu reinado, Rusia deixou de lado as políticas liberais que introducira Alexandre II, adoptando unha serie de políticas máis conservadoras e nacionalistas.
Primeiros ataques ao status especial de Finlandia Desde 1883, moitos xornais rusos comezaron a criticar a posición especial de Finlandia dentro do Imperio. O conflito entre Rusia e o Reino Unido polo control de Afganistán en 1885, espertou o temor da mariña finlandesa de ser mobilizada para as operacións militares, como xa sucedera durante a guerra de Crimea, cando os finlandeses foron enviados á protexer ás tropas rusas. Os médicos finlandeses se ofreceron a atender aos feridos e enfermos rusos de balde.
Antes da década de 1880, o status especial de Finlandia apenas se discutía na prensa rusa, pero xa durante a rebelión polaca, a revista rusa Moskovskie Vedomosti chamara a atención sobre os escritos "separatistas" en Finlandia publicados polo xornal liberal Helsingfors Dagblad. O 15 de abril de 1863, o redactor xefe do Helsingfors Dagblad, o liberal Anders Herman Chydenius presentara a idea de declarar a neutralidade de Finlandia. Detrás deste pensamento estaba a preocupación de que os suecos finlandeses terían que loitar conta os finlandeses, mentres que a neutralidade de Finlandia evitaría a loita "fraticida". Aparentemente, sobre esta publicación do Helsingfors Dagblad, o xornal británico Daily News publicou unha historia na que afirmaban que os políticos finlandeses suxeriran que Finlandia e Rusia eran dous estados diferentes e que esperaban que Finlandia se volvera neutral cando comezara a guerra. O fennómano J. Snellman tomou posición no debate sobre a neutralidade cando publicou na súa revista Litteraturbladet o artigo "Guerra ou paz" a comezos de xullo de 1863. O seu punto de partida foi a lealdade dos fennómanos ao emperador, condenando a especulación e as aspiracións pouco realistas de que Finlandia declarara a súa neutralidade. O artigo foi unha clara resposta á imparcialidade dos liberais.
En 1869 o paneslavista ruso e biólogo Nikolai Danilevski afirmou no seu libro Россия и Европа (transliterado Rossiia i Evropa, en ) que os finlandeses pertencían a unha raza improdutiva cuxa misión histórica era fusionarse coa creativa civilización rusa.
Os nacionalistas rusos trataron de inculcar nos seus xornais a idea de que Finlandia non era un estado, senón unha provincia rusa, e que a declaración feita por Alexandre I na Dieta de Porvoon foi simplemente unha declaración retórica adaptada ás circunstancias do momento. Despois destas declaracións, as revistas rusas atacados con vehemencia a Finlandia, e a furia dos conservadores aumentou aínda máis tras inauguración en 1885 do monumento á batalla de Koljonvirta.
Xendarmería imperial En 1889 levouse a Finlandia á xendarmería imperial rusa para realizar tarefas de espionaxe e denuncia de irregularidades. A xendarmería formaba parte do exército imperial e non estaba suxeita a lei finlandesa. En 1903 os xendarmes recibiron un novo estatuto, tras o cal participaron en moitos actos que quebrantaban a paz social en Finlandia, incluíndo o control de pasaportes. Entre 1904 e 1905 os parlamentarios das illas Åland víronse acosados no porto de Turku polos xendarmes cando lles requiriron os seus pasaportes. Este incidente causou un gran malestar en todo o país. A burguesía, que se vira afectada por esta violación dos seus dereitos, suxeriu que se debían tomar medidas para evitar que isto volvese suceder no futuro. Como resultado, promulgáronse novas leis que exixían ao gobernador abolir os estatutos da xendarmería de 1903 e outras normas similares de xeito que "os xendarmes xa non se utilizarían nas accións concernentes aos cidadáns finlandeses ou que doutra forma estiveran baixo o mandato do goberno do país".
Manifesto de Correos Outra das primeiras medidas represivas que se levaron a cabo baixo a dirección do Gobernador Xeral de Finlandia foi un proxecto para a harmonización da Oficina de Aduanas, Monetaria e Correos de Finlandia por parte de tres comités ruso-finlandeses con institucións rusas similares. O 12 de xuño de 1890 o tsar Alexandre III de Rusia emitiu a orde imperial coñecida como o Manifesto de Correos, mediante a cal o servizo de correos de Finlandia se fusionaba co servizo de correos ruso.
Manifesto sobre o novo Código Penal O Senado finlandés confirmara en 1889 a aprobación dun novo Código Penal que debía entrar en vigor a comezos de 1891. Os rusos consideraron que había varios artigos que ofendían os seus intereses, o que provocou que en decembro de 1890 o emperador emitira un manifesto no que se pospoñía a súa entrada en vigor. O resultado desta decisión foi que as sentenzas ditadas atendendo ao antigo e o novo Código. O emperador acabou por confirmar a entrada en vigor do novo Código Penal en 1894, despois de que Finlandia adoptara varias emendas ás disposicións do Código, que, en particular, harmonizaron as disposicións sobre delitos estatais e de propiedade pública coas vixentes en Rusia.
Abolición do Comité de Asuntos Finlandeses O 13 de maio de 1891 aboliuse o Comité de Asuntos Finlandeses, que actuaba como enlace entre o Senado e o Ministerio de Estado en representación do goberno de San Petersburgo. Suxeriuse ao Senado que os funcionarios rusos ou finlandeses que tiveran dominio completo da lingua rusa, foran nomeados para a Oficina do Secretario de Estado e a do Gobernador Xeral. Dispúxose ademais que a lingua rusa fora de ensinanza obrigatoria nas escolas e que os funcionarios melloraran as súas habilidades nesta lingua.
Reinado de Nicolao II miniatura|dereita|O tsar Nicolao II de Rusia en 1898.
A pesar dalgunha intromisión no goberno autónomo do Gran Ducado, nun primeiro momento a promesa de respectar os dereitos do país mantívose. De feito, Alexandre II ampliou os poderes da Dieta en 1869. Tras herdar o trono de Rusia, Nicolao II confirmou o día a constitución finlandesa. Porén, foi durante o seu reinado cando o status especial e a autonomía de Finlandia se converteron en obxecto de moitas medidas represivas.
En Rusia, os máis retrógrados, inspirados polo procurador do Santo Sínodo, Konstantin Pobedonostsev e o xeneral Aleksei Kuropatkin, espertaron o entusiasmo nacional pola posición especial de Finlandia.
Nun discurso, Kuropatkin, quen era o máis decidido e entusiasta contra a posición especial e a autonomía de Finlandia, declarou:
Primeiro período de rusificación (1899–1905) miniatura|dereita|O gobernador xeral de Finlandia, Nikolai Bobrikov.