Ana Belén Fortes López, nada en Pontevedra o 15 de setembro de 1967, é unha filóloga, escritora, editora e tradutora galega.
Traxectoria É licenciada en Filoloxía Hispánica na especialidade de galego-portugués. Foi técnica de normalización lingüística e asesora de revistas e audiovisuais. Entre 2003 e 2005 dirixiu Sotelo Blanco Edicións. Como empresaria, é directora de Ardora Comunicación e da editorial Guiverny. Imparte cursos de escritura e de español como lingua estranxeira. Participou no Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Como tradutora (do catalán, portugués, inglés e castelán), verteu ao galego poemarios, novelas, ensaios e guións de cine e foi tradutora-intérprete na Administración de Xustiza. Traballou no Consello da Cultura Galega (Proxecto Sarmiento) e foi coordinadora do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.
Como profesional da xestión cultural, con formación en igualdade, formou parte de xurados de premios literarios (Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey, Premios da Crítica Galicia, Premio de novela histórica Dona Urraca etc.). Tamén foi comisaria de exposicións (Mulleres no Obxectivo etc.) e directora executiva de audiovisuais (Galicia, resaca atlántica) etc.
Vida persoal
É filla de Xosé Fortes e irmá de Susana Fortes, Xabier Fortes e Alberto Fortes.
Obras Colaboradora habitual na prensa galega (La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego, El País), publicou artigos en revistas especializadas como Grial, Anuario de Estudios Literarios Galegos, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Boletín da Real Academia Galega, Tempos Novos, Lateral, Colóquio Letras etc.
Poesía Paso a nivel sin barreras (2012). Editorial Guiverny. Fallo general del sistema (2016). Eclipse (2021).
Ensaio As ideas literarias de Manuel Murguía (1996). USC, tese de licenciatura.Ficha de As ideas literarias de Manuel Murguía na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Manuel Murguía e a cultura galega (2000). Sotelo Blanco Edicións. 100 páxs. ISBN 847824350X. "Curros e Murguía”, 2001, e “Cronobiografía” de Curros Enríquez, 2001, Actas do Congreso Curros Enríquez, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2004. "O Diccionario de escritores gallegos", Boletín da Real Academia Galega, núm. 361 (2000).
Tradución Trece campanadas, 2002 (Trece badaladas) de Suso de Toro ao castelán (Premio Nacional de Literatura 2003). El príncipe manco, 2004 (O príncipe manco) de Suso de Toro ao castelán. Con Basilio Losada. na Biblioteca da Tradución Galega Hombre sin nombre, 2006 (Home sen nome) de Suso de Toro ao castelán. O devorador, 2023 (L'any del devorador) de Emili Piera ao castelán e ao galego. Terra de auga, 2023 (Terra d'aigua) de Ramon Guillem ao castelán e ao galego
Colectivas Vocabulario das matemáticas, multilingüe, Servizo de Normalización Lingüística, USC, 1995. Con Xosé Masa. Diccionario da literatura galega I, Autores, 1995, Galaxia. Diccionario da literatura galega II, Publicacións periódicas, 1997, Galaxia. Diccionario da literatura galega III, Obras, 2000, Galaxia. Diccionario da literatura galega IV, Termos e institucións literarias, 2004, Galaxia. Dicionario de dicionarios da lingua galega, ILG, Santiago de Compostela, . Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf. Coordinación. Sotelo Blanco, 2003. ISBN 84-7824-430-1. Vintecinco olladas para o século XXI, 2005, coordinación, Sotelo Blanco.Libro de conmemoración do XXV aniversario de Sotelo Blanco Edicións. 1936 / O Estatuto esquecido, 2016, coordinación, Editorial Guiverny. Universo Cunqueiro, edición dos textos e coordinación, 2005, Sotelo Blanco. Libro do XXV Aniversario de Unións Agrarias, Santiago de Compostela, 2008. Coordinación. O cinema e os cines en Santiago, 2020, coordinación, Editorial Guiverny. Arquitectura do lume, de Yago Bonet Correa e Sergio Portela, 2020, coordinación, Editorial Guiverny. 40 Anos da moda en Galicia, de Fernando Franco, 2021, coordinación, Editorial Guiverny. Edición da obra de Frei Martín Sarmiento: De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos, de Martín Sarmiento (Consello da Cultura Galega, 2008, volumes II, III e IV).
Terminoloxía
Vocabulario das matemáticas, multilingüe, Servizo de Normalización Lingüística, USC, 1995. Con Xosé Masa. Glosarios castelán-galego: das relacións laborais, da construción etc. Confederación de Empresarios de Galicia, 2010.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas , Belén (11/3/2022). "¿Qué hacer con el monstruo?", Opinion, La Voz de Galicia .
Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Nados en 1967 Categoría:Editores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes