O voo 7908 de Caspian Airlines era un voo regular comercial dende Teherán, Irán, e Iereván, Armenia. O día 15 de xullo de 2009 o Tupolev Tu-154 que operaba a ruta esnafrouse preto da vila de Jannatabad, nas aforas da cidade de Qazvin, Irán. Os 153 pasaxeiros e 15 tripulantes a bordo morreron.
Foi o peor accidente de aviación en Irán dende o accidente en 2003 dun Ilyushin Il-76 militar, no cal morreron 275 persoas (aínda que algunhas fontes falan de 302 mortos). Foi o segundo accidente con máis vítimas en 2009 tras o voo 447 de Air France.
Notas
Categoría:Accidentes aéreos en Irán Categoría:Accidentes e incidentes de Caspian Airlines Caspian Airlines Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 2009