Os brontosauros (en ; en , que quere dicir "lagarto" e "trono") son un xénero de dinosauros saurópodos xigantesco e cuadrúpede. Malia que a especie tipo, B. excelsus, foi considerada durante moito tempo como unha especie do relacionado xénero Apatosaurus, en 2015 os investigadores propuxeron o Brontosaurus como un xénero separado dos Apatosaurus que conta con tres especies: B. excelsus, B. yahnahpin e B. parvus.
Os brontosauros tiñan un longo e delgado pescozo e unha pequena testa adaptada a un estilo de vida herbívoro; tiña un torso enorme e pesado e unha cola a xeito de látego. As diferentes especies viviron durante o Xurásico tardío na formación de Morrison no que hoxe é América do Norte, e extinguíronse a finais do Xurásico.Foster, J. (2007). Jurassic West: The Dinosaurs of the Morrison Formation and Their World. Indiana University Press. 389pp. Estímase que os exemplares adultos de brontosauros roldaban as quince toneladas de peso e os 22 metros de longo.
Como saurópodo arquetípico, os brontosauros son un dos dinosauros máis coñecidos e teñen aparecido en filmes, anuncios de publicidade, selos postais e moitos outros tipos de medios de comunicación.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 1879