O voo 847 de TWA era un voo do Cairo a San Diego con escalas en Atenas, Roma, Boston e Os Ánxeles. Na mañá do venres 14 de xuño de 1985 o voo 847 foi secuestrado pouco despois de engalar de Atenas. Os secuestradores pedían a liberación de 700 musulmáns xiítas custodiados por Israel. Posteriores análises occidentais consideráronos membros de Hezbollah, aínda que a organización negou esta conclusión.

Os pasaxeiros e a tripulación sufriron unha dura proba intercontinental de tres días. Algúns pasaxeiros foron ameazados e outros golpeados. Os pasaxeiros con apelidos que soaban a xudeu foron separados dos outros. O mergullador da Armada dos Estados Unidos Robert Stethem foi asasinado, e o seu corpo foi botado á pista. Ducias de pasaxeiros foron retidos como reféns durante as seguintes dúas semanas ata que foron liberados polos seus captores despois de que se cumprisen algunhas das súas demandas.

Notas

TWA 0847 TWA TWA