260px|miniatura|O río Douro ao seu paso por Zamora O río Douro (en e en ) é un río do centro-norte e oeste da Península Ibérica, da vertente atlántica. O seu nome provén do latín, Durius flumen, e do grego, Δόυριος ποταμού. Cos seus 897 km, é o terceiro río máis longo da Península Ibérica despois do río Texo e do río Ebro, e cos seus 97.290 km², posúe a maior conca hidrográfica peninsular (78.952 km² corresponden a territorio español e o resto a territorio portugués).
Características O Douro nace nos Picos de Urbión (no Sistema Ibérico) a uns 2.160 m de altitude e percorre terras castelás, leonesas e portuguesas, pasando por Soria, Aranda de Duero, Laguna de Duero, Toro, Zamora e Miranda do Douro, até chegar á súa desembocadura na cidade do Porto. Ten 112 km de fronteira compartida con Portugal e 213 km portugueses. A súa altitude media é de 700 metros.
No inicio do seu curso é un río longo e pouco caudaloso. De Zamora á súa foz, corre entre fragas en canóns profundos (as Arribas do Douro). O forte declive do río -o desnivel medio é de 3 m/km-, as curvas, as rochas saíntes, os caudais violentos, as múltiples irregularidades, os rápidos e os "saltos" tornaban este río indomábel ata a realización dos encoros a partir de 1961. Con eles conseguiuse a doma do río e a navegación fluvial.
Afluentes principais Conca do Douro.|miniatura 250px|miniatura|Desembocadura do Douro na Foz do Douro. Pola dereita Río Pisuerga Río Valderaduey Río Esla Río Sabor Río Tua Río Corgo Río Teixeira Río Támega
Pola esquerda Río Rituerto Río Riaza Río Duratón Río Cega Río Adaja Río Zapardiel Río Trabancos Río Tormes Río Uces Río Huebra Río Froya Río Águeda Río Côa Río Torto Río Távora Río Tedo Río Varosa Río Cabrum Río Bestança Río Paiva Río Guareña
Encoros miniatura|A presa de Aldeadávila posúe a central hidroeléctrica con maior produción en España. miniatura|Presa de Miranda. O Douro ten sete encoros en zona española e nove en zona portuguesa. O encoro da Cuerda del Pozo (Vinuesa, Soria) é o de maior capacidade (249 hm³) e o único que regula o caudal na súa cabeceira. As súas funcións principais son a atracción turístico-deportiva, o regadío (26.000 ha) e abastecemento de auga a Soria e Valladolid. Secundariamente, o seu potencia hidroeléctrica é de 6.080 kW (8,5 GWh de media). Destaca especialmente o Salto de Aldeadávila I e II por ser, en conxunto, a primeira de España en potencia (1.146 MW) e produción anual (3.500 GWh de media: un 6,3% do total nacional). Isto únese á espectacularidade das obras, cun muro de contención, que ten forma abovedada, de 140 m de altura e 250 m de lonxitude. Tamén a presa de Saucelle I e II é impresionante, cun muro de 92 m de altura e 178 m de lonxitude. A súa potencia é de 525 MW no seu conxunto.
Encoro Provincia Capacidade(hm³) Superficie(ha) Potencia(MW)Cuerda del Pozo Soria 229 2176 7 Los Rábanos Soria 8 98 4 San José Valladolid 6 250 0,56 Villalcampo Zamora 66 445 206 Castro Zamora 26 180 190Miranda Braganza 28 - 390 Picote Braganza 63 - 180 Bemposta Braganza 129 - 210 Aldeadávila Salamanca 115 364 1143 Saucelle Salamanca 181 589 525 Pocinho Guarda 83 - 186 Valeira Viseu 97 - 216Régua Vila Real 95 160 Carrapatelo Porto 148 - 201 Crestuma-Lever Porto 110 - 108
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ponte Don Luís I. Ligazóns externas Confederación hidrográfica do Douro .
Categoría:Río Douro