Kalpana Chawla foi unha astronauta estadounidense nada en Karnal (India) e que formou parte das misións STS-87 e STS-107, na que faleceu xunto co resto da tripulación. Pasou un total de 31,62 días no espazo.
Traxectoria Chawla naceu o 1 de xullo de 1961 en Karnal, India. Era graduada en enxeñería aeronáutica pola Facultade de enxeñería do Punjab en 1982 e máster en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Texas en 1984, disciplina da que se doutorou pola Universidade de Colorado en 1988.
Foi seleccionada pola NASA en decembro de 1994 e tras varios postos dentro da NASA participou na súa primeira misión, a STS-87, en 1997. Chawla faleceu xunto co resto da tripulación á volta da súa segunda misión, a STS-107, na que o transbordador espacial Columbia desintegrouse durante a súa reentrada atmosférica.
Recoñecementos O asteroide 51826 Kalpanachwla e o cráter da Lúa Chawla recibiron estes nomes na súa honra.Altschuler e Ballesteros (2016)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1 Schatz, Kate. Mujeres radicales del mundo : artistas, atletas, piratas, punks y otras revolucionarias del mundo que han hecho historia. ISBN 978-84-948086-2-3, Outros artigos Mulleres na NASA Mulleres no espazo
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1961 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en Haryana Categoría:Enxeñeiros aeroespaciais Categoría:Finados na exploración espacial