x159px|Neil Armstrong became the first human to step onto the surface of the Moon Mapa interactivo coas localizacións de tódalas aluaxes exitosas na Lúa (enriba). {| style="width: 100%; margin: 0;" As datas de aluaxe en Tempo Universal Coordinado. Agás as do programa Apollo, tódalas aluaxes foron non tripuladas. Luna 2 foi o primeiro obxecto fabricado polo ser humano en chegar á superficie da Lúa (abaixo á esquerda). Fotograma fixo dunha transmisión de vídeo, un intre antes de que Neil Armstrong se convertese no primeiro ser humano en pisar a superficie da Lúa, ás 02:56 UTC do 21 de xullo de 1969. Arredor de 500 millóns de persoas ollaron este evento en todo o mundo, sendo a maior audiencia televisiva dunha emisión en directo de tódolos tempos. |} Unha aluaxe é a chegada dunha aeronave na superficie da Lúa. Isto inclúe tanto as misións tripuladas como as robóticas. O primeiro obxecto feito por humanos que logrou chegar á superficie da Lúa foi a misión Luna 2 da Unión Soviética, o 13 de setembro de 1959.
O Apollo 11 estadounidense foi a primeira misión tripulada en chegar á Lúa, o 20 de xullo de 1969.NASA Apollo 11 40th anniversary. Realizáronse outras seis aluaxes tripuladas (entre 1969 e 1972) e numerosas aluaxes non tripuladas, sen aterraxes suaves entre o 22 de agosto de 1976 e o 14 de decembro de 2013.
Até o presente, os Estados Unidos de América é o único país en conseguir enviar misións tripuladas exitosas á Lúa, sendo a última delas en decembro de 1972.
Notas
Categoría:Exploración da Lúa