Alexandria Ocasio-Cortez, nada en Nova York o 13 de outubro de 1989, é unha activista e política estadounidense.

Traxectoria Nada nunha familia de raíces latinoamericanas, estudou cun préstamo e comezou traballando de camareira. Cun traballo sobre Caenorhabditis elegans, coa conclusión de que 'Os antioxidantes poderían axudar a previr enfermidades dexenerativas inducidas polo estrés oxidativo', gañou un premio na feira de ciencia máis importante a nivel mundial, a ISEF. A relevancia deste feito reside non tanto na súa preparación científica como en que se viu confrontada ós intereses das farmacéuticas en contra do que ela intuía. segundo escribiu en Twitter o 1 de decembro de 2018ː

"When I tried to find out why the compound wasn’t pursued more, one of the explanations given to me was that pharma lobbyists worked against it."

Comezou en política na campaña de Bernie Sanders. Nas eleccións lexislativas celebradas o 6 de novembro de 2018, con 29 anos, gañou o escano do distrito 14 de Nova York ao Congreso dos EEUU por unha amplísima maioría de voto, despois de vencer as primarias ó líder demócrata Joseph Crowley. Ocasio-Cortez é membro da organización Socialistas Democráticos de América e foi vinculada a gran variedade de plataformas políticas progresistas estadounidenses.

É a muller máis nova elixida no Congreso na historia dos Estados Unidos, superando á republicana Elise Stefanik, que foi elixida en 2014 á idade de 30 anos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Biografía, no Directorio biográfico do Congreso dos EE.UU

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Alumnos da Universidade de Boston Categoría:Estadounidenses de ascendencia portorriqueña