Bonasa umbellus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, a única actualmente admitida como válida no xénero Bonasa.Bonasa Stephens, 1819 no ITIS.

Endémica de América do Norte, é a ave estatal de Pensilvania.

Características Mide ao redor de 45 cm de lonxitude, e ten un peso que varía desde os 680 aos 850 g nos machos e de 481 a 623 g nas femias.Ruffed Grouse Life History en TheCornellLab of Ornothology. Cornell University.

Semella unha pequena galiña cunha crista de plumas na parte superior da cabeza. No pescozo ten un colar negro ou pardo avermellado. A cola dos machos desprégase en abano cando camiña ou voa. Unha banda subterminal parda adorna a cola. A femia é máis pequena, e presenta unha raia subterminal interrompida no medio do abano da cola. O macho leva tamén dúas manchas en forma de ollo nas plumas de ambos os lados do ano.

Presenta dúas coloracións diferentes na cola: avermellada no sur da área de dispersión e gris no note.

Hábitat e distribución Hábitat O seu hábitat son os bosques mixtos caducifolios e de coníferas.

Distribución Distibúese polo Canadá e o norte dos Estados Unidos, de costa a costa, estendéndose desde o norte de Xeorxia e o nordeste de Alabama, polo sur, até o Labrador. E na área da costa oeste, esténdese desde o noroeste de California até Alasca.

Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi definido en 1819 polo naturalista inglés James Francis Stephens, en General zoology, or Systematic natural history, Volume 11 Aves, pp. 198–303. General zoology, or Systematic natural history, Volume 11 Aves, pp. 198-303.

Especie En canto a especie fora definida en 1766 por Linneo na 12ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Tetrao umbellus,Tetrao umbellus Linnaeus, 1766 no GBIF. e posteriormente reclsificada dentro de Bonasa.

Etimoloxías Xénero O nome científico do xénero, Bonasa, é probabelmente unha alteración do latín bonasus, 'uro', pola similitude do característico son que emiten estes animais como dun redobre de tambor que recorda ao bramido dun touro.Bonasa no Merriam-Webstwer's Unabriged Dictitionary.

Especie O epítreto específico, umbellus deriva o latín umbella, 'parasol', en alusión á forma da cola despregada polos machos durante a exhibición na época de celo.umbella no Merriam-Webstwer's Unabriged Dictitionary.

Subespecies Na especie recoñécense na actualidade as seguintes subespecies:Gill, F. & Donsker, D., eds. (2015): "IOC World Bird List". worldbirdnames.org. International Ornithologists Union Committee on Nomenclature. Consultada o 8 de decembro de 2019.

Bonasa umbellus affinis Aldrich & Friedmann, 1943 Bonasa umbellus brunnescens Conover, 1935 Bonasa umbellus castanea Aldrich & Friedmann, 1943 Bonasa umbellus incana Aldrich & Friedmann, 1943 Bonasa umbellus labradorensis Ouellet, 1990 Bonasa umbellus mediana Todd, 1940 Bonasa umbellus monticola Todd, 1940 Bonasa umbellus obscura Todd, 1947 Bonasa umbellus phaios Aldrich & Friedmann, 1943 Bonasa umbellus sabini (Douglas, 1829) Bonasa umbellus togata (Linnaeus, 1766) Bonasa umbellus umbelloides (Douglas, 1829) Bonasa umbellus umbellus (Linnaeus, 1766) Bonasa umbellus yukonensis Grinnell, 1916

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.

Ohio Ornithological Society (2004): Annotated Ohio state checklist. Peterson, R. T. (2010): Peterson Field Guide to Birds of Western North America, Fourth Edition. Nova York: Houghton Miffin Hartcourt Publishing Company. ISBN 978-0-5471-5270-7. State Symbols of Pennsylvania: State Bird, The Ruffed Grouse PDF fulltext

Outros artigos Galiformes Fasiánidos Tetraoninos

Ligazóns externas Bomasa umbellus na ADW. Ruffed grouse (Bonasa umbellus) en ARKive. Ruffed Grouse Facts

Categoría:Fasiánidos Categoría:Taxons descritos por Linné