Umo Diallo Dieng, nada en Lanzarote o 12 de xaneiro de 1998, é unha xogadora profesional de baloncesto, que xoga en Liga Feminina no club Araski AES.
Traxectoria Umo Diallo Dieng naceu en Arrecife (Lanzarote) en 1998. Tras descubrir o baloncesto ós 12 anos e xogar en varios equipos locais, ós 14 anos comezou a xogar no Segle XXI en cadete. Na tempada 2015-2016 alcanzou a final da liga Feminina 2 con Femení Sant Adrià. Na tempada 2016-2017 estivo en Logroño co Club Promete e na tempada 2017-2018 no club Araski AES de Vitoria-Gasteiz.
Selección nacional Disputou diferentes campionatos de España de seleccións e de clubs e foi xogadora das categorías inferiores da selección española en varias competicións.
Notas
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Lanzarote