miniatura|240px|Falcipennis falcipennis macho en exhibición. Falicpennis é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.
O xénero, segundo os autores, comprende dúas ou tres especies.
Taxonomía Descrición O xénero Falcipennis foi descrito en 1864 polo zoólogo estadouniodense Daniel Giraud Elliot.Falcipennis Elliot, 1864 no ITIS.
Etimoloxía O nome do xénero (e do específico dunha das especies) está formado pola unión dos elementos do latín científico falci- e -pennis. O primeiro é a raíz do xenitivo do nome latino falx, falcis, 'fuoce'; e o segundo deriva do nome latino penna, pennae, 'pluma', e tamén 'á' (de ave).Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2014): The Eponym Dictionary of Birds . London / Oxford, UK: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4729-0573-4. Literalmente: "os de ás en forma de fouce".
Especies Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC) e o ITIS:Family Phasianidae na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019).
Falcipennis canadensis (Linnaeus, 1758) Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855)
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza:
Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) Falcipennis canadensis (Linnaeus, 1758) Falcipennis franklinii (Douglas, 1829)
Para o IOC e máis o ITIS, Falcipennis franklinii sería unha subespecie de Falcipennis canadensis, a Falcipennis canadensis franklinii.Falcipennis no ITIS.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. e Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España e Cambridge, Reino Unido: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1. Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.
Outros artigos Galiformes Fasiánidos Tetraoninos
Ligazóns externas Falcipennis na ADW. Falcipennis na EOL.
Categoría:Fasiánidos