Lionor de Borbón Ortiz, (en ) nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española. É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.

Traxectoria

Por ser filla do Rei de España recibe desde o seu nacemento o tratamento de Alteza Real e dignidade de Infanta de España. Ocupa o primeiro lugar na Liña de sucesión ao Trono de España e desprazou na mesma ás súas tías, a infanta Helena, a infanta Cristina e os seus respectivos fillos e fillas.

En virtude das regulas de sucesión recollidas no artigo 57 da Constitución española de 1978 é Princesa de Asturias (cos títulos anexos de Princesa de Xirona, Princesa de Viana, Duquesa de Montblanc, Condesa de Cervera e Señora de Balaguer) o día en que o seu pai ascenda ao trono, en tanto este non teña descendencia masculina; no caso de que así sexa, o irmán ou irmáns homes desprazarían a Lionor de Borbón e terían preferencia na liña de sucesión.

O 14 de xaneiro de 2006 no palacio da Zarzuela foi bautizada como Leonor de Todos los Santos polo Arcebispo de Madrid con auga do río Xordán. Os seus padriños foron os reis, Xoán Carlos I e Sofía.

As súas aparicións en público ata agora, como as da súa irmá Sofía, limítanse a tres ou catro ocasións ao ano (Inicio do curso escolar, Misa de Pascua, vacacións en Palma etc.)

A infanta Lionor asistiu por primeira vez, xunto coa súa irmá a infanta Sofía, a unha recepción oficial no Palacio Real de Madrid con motivo da vitoria da Selección de fútbol de España na Copa Mundial de Fútbol de 2010 o 12 de xullo de 2010 cos Reis, os Príncipes de Asturias e a infanta Helena.

A súa primeira aparición nun acto oficial foi o 30 de xaneiro de 2018, no Palacio de Oriente, con motivo da imposición, por parte do seu pai o rei Filipe VI, do lazo de dama da Orde do Vélaro de Ouro.La Princesa Leonor y el Toisón de Oro: un antes y un después para una niña de 12 años El Mundo, 30-01-2018.El rey prepara a su hija: «Te guiarás permanentemente por la Constitución y servirás a España con humildad» La Voz de Galicia, 31-01-2018.Felipe VI impone a la princesa Leonor el Toisón de Oro, en Hola.com

Sucesión ao trono O nacemento de Lionor avivou o debate público en EspañaÁngela Portero e Paloma García-Pelayo. Leonor, la princesa inesperada: ¿tú serás mi reina?. (Madrid, Espejo de tinta, S. L., 2005, páx.13). ISBN 84-96280-47-0. sobre a necesidade de reformar a Constitución española para eliminar a preferencia do home sobre a muller na orde para suceder no trono, reforma que suscita a adhesión da maioría de forzas políticas e sociais e que se converte no único punto de acordo firme entre os partidos políticos á hora de emprender unha reforma eventual da Constitución.Ángela Portero e Paloma García-Pelayo. Leonor, la princesa inesperada: ¿tú serás mi reina?. (Madrid, Espejo de tinta, S. L., 2005, páx.184). ISBN 84-96280-47-0.

En caso de ser reformada a Constitución neste aspecto, a Infanta podería converterse na cuarta muller que reine en España e, nese caso, prevalecería ante calquera irmán home.

Títulos e honras 31 de outubro de 2005 - 18 de xuño de 2014: A súa Alteza Real, a Infanta Dona Lionor de Borbón Ortiz. 19 de xuño de 2014 - presente: A súa Alteza Real a Princesa de Asturias.

O seu título completo é A súa Alteza Real, Dona Lionor de Todos os Santos de Borbón Ortiz, Princesa de Asturias, de Xirona e de Viana, Duquesa de Montblanc, Condesa de Cervera e Señora de Balaguer.

Desde o instante do seu nacemento ostentaba o tratamento de Infanta de España e desde a abdicación de Xoán Carlos I ostenta os títulos históricos dos herdeiros dos diferentes reinos hispanos:

Princesa de Asturias, como herdeira da Coroa de Castela, título que ten a súa orixe en 1388. Princesa de Xirona, duquesa de Montblanc, condesa de Cervera e señora de Balaguer, como herdeira da Coroa de Aragón, con orixe en 1351, 1387, 1353 e 1418, respectivamente. Princesa de Viana, como herdeira do Reino de Navarra, con orixe en 1424.

Honras Orde do Vélaro de Ouro (Reino de España), outorgada o 30 de xaneiro de 2018.

Ascendencia

Notas

Véxase tamén Outros artigos Familia real española Bibliografía

Categoría:Familia real española Categoría:Infantes de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 2005 Categoría:Príncipes de Asturias Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Carlos III de Madrid