Randy Scott Wittman, nado en Indianápolis, Indiana, o 21 de outubro de 1959 é un ex xogador e adestrador profesional estadounidense de baloncesto.
Traxectoria profesional Xogador Wittman foi seleccionado na 22ª posición do Draft da NBA de 1983 polos Washington Bullets. Nunca chegou a xogar cos Bullets xa que foi traspasado ós Atlanta Hawks. Xogou a maior parte da súa carreira coma xogador nos Hawks, antes de xogar unha pequena etapa nos Sacramento Kings.
Tras xogar tres anos nos Indiana Pacers, retirouse tras a tempada 1991-92. Durante a súa etapa coma xogador, Wittman acadou 7.4 puntos, 1.1 rebotes e 2.2 asistencias por encontro
Adestrador En 1992 comezou a súa etapa coma adestrador, e foi asistente dos Indiana Pacers, Dallas Mavericks e Minnesota Timberwolves antes do seu primeiro traballo coma adestrador principal nos Cleveland Cavaliers. Estivo dúas tempadas en Cleveland nas que tivo un récord de 62-102.
O 4 de xuño de 2012, Wittman converteuse no adestrador principal dos Washington Wizards tras o despido de Flip Saunders. Os Wizards despediron a Wittman o 13 de abril de 2016 tras non conseguir a clasificación para os Playoffs.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil coma adestrador en NBA.com Estatísticas coma xogador en Basketball-Reference.com Estatísticas coma adestrador en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Indianápolis, Indiana Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Bullets Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores asistentes dos Indiana Pacers Categoría:Adestradores asistentes dos Dallas Mavericks Categoría:Adestradores asistentes dos Minnesota Timberwolves Categoría:Adestradores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Adestradores asistentes dos Orlando Magic Categoría:Adestradores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Adestradores asistentes dos Washington Wizards Categoría:Adestradores dos Washington Wizards