Diego Pazos García, nado en Sarria o 2 de agosto de 1857 e finado no mesmo concello o 15 de xullo de 1920, foi un xurista, historiador e rexistrador da propiedade galego.

Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid. Ingresou no corpo de Rexistradores de Facenda, do que se converteu en presidente. Escribiu obras sobre temas económicos e sociais relacionados coa súa profesión. Publicou numerosos artigos sen sinatura na revista madrileña La Administración. É autor dunha historia de Sarria que abarca dende a prehistoria ata o século XVIII.

Obras Ensayo sobre la estadística de Registros de la propiedad en España y en el extranjero, teórica y prácticamente considerada, Madrid, Imprenta de José Gil y Navarro, 1889 Sobre el Registro de la propiedad en la teoría y en la aplicación, particularmente en España, Madrid, E. Jaramillo y Cía., 1890 La división de las fincas rústicas en España, Madrid, 1893 Reseña de la organización y trabajos de la estadística oficial en España, Madrid, 1897 Reformas que convendría introducir en los Presupuestos del estado y en su discusión y aprobación por las Cortes, Madrid, Jaime Ratés, 1905 La redención de foros. Situación presente, Madrid, Imprenta Alemana, 1908 La cuestión agraria en Irlanda y referencias á la de España, Madrid, Jaime Ratés Martín, 1908 Disposiciones que podrán impedir en España la división de las fincas rústicas, cuando esta división perjudica el cultivo, Madrid, Imprenta del Asilo de Huérfanos, 1909 Asociación de Registradores de la Propiedad en España. Memoria que publica su Junta Central, redactada y ordenada por el Presidente de la misma, Madrid, R. Velasco, 1913 Apuntes acerca de la Historia de la villa y comarca de Sarria, Madrid, Jaime Ratés, 1916 Historia de la villa y comarca de Sarria, s. l., 1916 (ed. facs., Lugo, Alvarellos, 1980) Política social agraria en España. Problemas, situación y reformas, Madrid, Jaime Ratés, 1920.

Recoñecementos

Premio da Exposición Internacional de Demografía e Hixiene de Madrid en 1889. Recompensas da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas en 1893 e 1905. Unha rúa de Sarria leva o seu nome Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Diego Pazos García , biografía na Real Academia de la Historia.

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid