Hipodamo, Hipodamas ou Hipodamante era o nome de varios personaxes mitolóxicos e reais gregos na Antigüidade:

Mitoloxía Hipodamo, un fillo do deus-río Aqueloo e de Perimede, irmán por tanto de Orestes. Foi o pai de Éurite, a esposa de Portaón, rei de Calidón. Hipodamo, o pai de Perimela, a amante de Aqueloo. Cando se decatou desta relación guindou á súa filla ao mar desde un cantil, pero o deus fluvial salvouna, converténdoa Poseidón nunha illa para que o río puidese abrazala eternamente. Hipodamo, un troiano morto por Odiseo no asedio á cidade. Hipodamo, un fillo de Príamo, rei de Troia, morto por Aquiles.

Reais Hipodamo de Mileto, un arquitecto grego.

Véxase tamén Bibliografía Apolodoro, Biblioteca mitolóxica, III. Homero, A Iliada, XI e XX.