Emilio Valladares González, nado en Rodeiro, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Avogado en Chantada. Foi secretario do Concello de Chantada, sendo suspendido polo alcalde en maio de 1907.El Norte de Galicia, 27-5-1907, p. 1. Foi xuíz municipal de Chantada. Foi elixido alcalde de Chantada o 1 de abril de 1922. Foi deputado provincial. Cesou no cargo coa ditadura de Primo de Rivera. Na II República foi elixido alcalde o 21 de outubro de 1934, cesando no cargo o 26 de xaneiro de 1935.

Vida persoal

Casou en 1907 con Sofía Rodríguez Osorio, filla de Leopoldo Rodríguez Guerra.El Norte de Galicia, 17-7-1907, p. 1. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Corporación municipal de Chantada

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Chantada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais de Lugo

Categoría:Nados en Rodeiro

Categoría:Nados en ano descoñecido

Categoría:Finados en ano descoñecido