O voo 200 de Garuda Indonesia era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre Iacarta e Yogyakarta, Indonesia. O día 7 de marzo de 2007 o Boeing 737-400 que operaba a ruta saíuse da pista, esnafrouse nun campo de arroz e estoupou mentres aterraba no aeroporto Adisucipto. 20 pasaxeiros e un tripulante morreron. Os dous pilotos conseguiron sobrevivir.
Avión O aparello era un Boeing 737-497, con rexistro PK-GZC, que operara con outras aeroliñas antes de ser mercado por Garuda Indonesia. O avión acumulara máis de 35 200 horas de voo en 37 300 ciclos dende o seu primeiro voo en 1992.
Tripulación O capitán era Muhammad Marwoto Komar, de 44 anos, que traballara en Garuda Indonesia durante máis de 21 anos. Tiña acumuladas 13 421 horas de voo, incluídas 3 703 horas no Boeing 737. O primeiro oficial era Gagam Saman Rohmana, de 30 anos, que levaba na aeroliña tres anos e tiña 1 528 horas de voo, das cales 1 353 eran no Boeing 737.
Notas
Garuda Indonesia 0200 Garuda Indonesia Garuda Indonesia