Thomas de Castro, nado c. 1621/1626 en Divar (Goa, India portuguesa) e finado o 16 de xullo de 1684/1689, foi un eclesiástico católico indio. Traxectoria Naceu arredor de 1621/1626As diferentes fontes dan a súa morte aos 63 anos, en 1684 ou en 1689. na illa de Divar, na Goa baixo soberanía portuguesa. De casta brahmana, foi levado a Roma polo seu tío Matheus de Castro, e alí entrou na congregación dos teatinos. Durante a súa estancia en Roma foi profesor de Filosofía e Teoloxía e mestre de novizos.
Foi elixido para evanxelizar na India, nomeado e consagrado bispo titular de Fulsivelem en 1671. Foi nomeado polo papa Clemente X vigairo apostólico para os reinos de Cochín, Tanur, Madurai, Kodungallur, Kannur, Mysore e Gingee e a costa do Canará (costa do actual estado de Karnataka). Foi tamén inquisidor xeral na rexión. O seu nomeamento provocou un conflito entre a Congregación para a Propagación da Fe e as autoridades portuguesas que mantiñan o sistema de padroado.O padroado foi un acordo no que o papado delegou nos monarcas portugueses a organización das actividades relixiosas nos diferentes dominios destes.
Para evitar aos portugueses, que non aceptaban o nomeamento dun nativo, viaxou por terra a través de Siria e Mesopotamia. Tres anos máis tarde, en 1674, chegou á India. Levou a cabo unha labor misioneira intensa, tendo como sé Mangalore. Como vigairo tivo conflitos de xurisdición co arcebispo de Goa Antonio Brandão. As autoridades tentaron prohibir aos cristiáns do Kanara recibir os sacramentos das súas mans ou das dos seus sacerdotes se o vigairo de Castro non recoñecía a xurisdición do arcebispo na rexión. De Castro respondeu excomungando a aqueles que recibisen os sacramentos dos misioneiros suxeitos ao padroado.
Finou no Kanara, o 16 de xullo de 1689, aos 63 anos.
Notas
Categoría:Nados en 1621 Categoría:Nados en Goa Categoría:Teatinos Categoría:Bispos católicos da India Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XVII Categoría:Relixiosos católicos da India