O voo 222 de TANS Perú era un servizo entre o aeroporto Jorge Chávez de Lima e o aeroporto de Chachapoyas, cunha escala no aeroporto Capitán FAP José A. Quiñones de Chiclayo. O día 9 de xaneiro de 2003 o Fokker F28-1000 Fellowship que operaba a ruta esnafrouse preto de Chachapoyas mentres se aproximaba ao aeroporto. Ningún dos 46 pasaxeiros e tripulantes a bordo sobreviviu.
Avión O aparello era un Fokker F28-Mk1000 fabricado en 1971, co número de serie 11100 e rexistro OB-1396. Ata 1995 este F-28 fora usado como un dos transportes presidenciais con configuración VIP, para voos internos e curtos, antes de ser substituído por un Boeing 737-500.
Accidente O voo 222 deixou Chiclayo tras unha escala ás 8:17 en dirección Chachapoyas, e pasou ao nivel de voo 190 seguindo a aerovía V-3. Ás 8:32 virou ao curso 060 e comezou a descender ao nivel 130. Sobre as 8:45 o Fokker chocou contra o Cerro Collorque a unha altitude de 3 450 metros, a só 35 metros por debaixo do seu cumio. Os equipos de rescate non atoparon os restos ata dous días despois. Ningún dos seus ocupantes sobreviviu xa que o avión quedou pulperizado tras o choque contra unha parede de roca vertical.
Notas
Categoría:Accidentes aéreos en Perú Categoría:Accidentes e incidentes de TANS Perú Categoría:Accidentes e incidentes de Fokker F28 Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 2003