O voo 451 de Japan Air System era un servizo dende o aeroporto de Nagoia e o novo aeroporto de Chitose en Sapporo, cunha escala no aeroporto de Hanamaki. O día 18 de abril de 1993 o Douglas DC-9-41 que operaba a ruta esnafrouse mentres aterraba en Hanamaki. O avión perdeu de súpeto unha cantidade significativa de velocidade cando cruzou unha fornte fría mentres estaba na aproximación final, preto da pista. O algo inexperto primeiro oficial non foi capaz de realizar unha aproximación frustrada o suficientemente rápido como para evitar unha aterraxe dura. O avión entón saíuse da pista.
Os 72 pasaxeiros e 5 tripulantes sobreviviron, resultando 19 persoas feridas. O avión incendiuose cando os pasaxeiros o evacuaban. O aparello foi dado de baixa.
Notas
Japan Air System 0451 Japan Air System Japan Air System