O topónimo China pode facer referencia a:
Estados actuais China A República Popular da China, comunmente chamada China, estado fundado en 1949 que exerce a soberanía sobre a chamada China continental, así como sobre Hong Kong e sobre Macau. Ademais, reivindica a súa soberanía sobre a illa de Taiwán (antigamente chamada Formosa). Membro das Nacións Unidas desde 1971, é recoñecida diplomaticamente pola maior parte dos países do mundo. A República da China, comunmente chamada Taiwán, estado que desde 1949 só exerce a soberanía sobre as illas de Taiwán, Penghu, Kinmen e Matsu. Foi membro das Nacións Unidas até 1971. Na actualidade, só conta co recoñecemento diplomático de 24 países do mundo.
Estados antigos O Imperio da China, antigo réxime que gobernou a China durante case dous mil anos. O Imperio do Gran Qing, imperio chinés que existiu desde 1644 até 1912, data na que o emperador Puyi abdicou, tras a Revolución de Xinhai. A República da China (1912-1949), réxime político que sucedeu á derradeira dinastía imperial chinesa, no ano 1912, e que perdurou até a vitoria na guerra civil chinesa dos comunistas. A illa de Taiwán foi a única provincia chinesa na que se mantivo o réxime desta república (República da China). O goberno de Beiyang ou goberno dos señores da guerra, unha serie de réximes que gobernaron desde Pequín entre 1912 e 1928, que foron recoñecidos internacionalmente como o lexítimo goberno da República da China. O Imperio da China (1915-1916), un intento de Yuan Shikai por restablecer a monarquía na China. O Goberno provisional da República da China, estado monicreque do Imperio do Xapón establecido na China entre 1937 e 1940. O Goberno nacionalista de Nanquín, estado monicreque do Imperio do Xapón establecido na China entre 1940 e 1945.
Áreas xeográficas China (rexión), a rexión cultural, área xeográfica e berce da civilización chinesa, que se estende sobre parte da Asia Oriental. China continental, área xeográfica que comprende a zona continental da China, excepto as rexións administrativas de Hong Kong e Macau e o territorio de Taiwán.
Hidrografía O mar da China Oriental. O mar da China Meridional.
Localidades Estados Unidos: China, localidade do estado de Indiana. China, localidade do estado de Maine. China, localidade do estado de Míchigan. China, localidade do estado de Texas. China Grove, localidade do estado de Texas. Xapón: China, localidade da prefectura de Kagoshima. México: China, localidade do estado de Nuevo León.
Amais, como antropónimo feminino pode referirse a: China Zorrilla, actriz uruguaia. China Machado, actriz, modelo, editora e produtora de televisión chinesa de orixe macaense China Anne McClain, actriz e cantante estadounidense. Como antropónimo masculino pode referirse a:
China Miéville, autor británico de ciencia ficción
Véxase tamén Música China, álbum de Vangelis. "China", canción de Tori Amos.
Outros Nomes de China. China, antigo nome de diversas vasillas de porcelana fina (apócope de porcelana da China, ou porcelana chinesa), da que deriva o nome de chineiro, moble de comedor onde se gardan. China Airlines, compañía de liñas aéreas estatal da República da China (Taiwán). China Southern Airlines, compañía de liñas aéreas estatal da República Popular da China. China, nome xenérico co que se coñece a unha muller de campo na Arxentina e o Uruguai. China Taipéi, nome oficial co que participan os equipos deportivos da República da China (coñecida comunmente como Taiwán), nos Xogos Olímpicos e outros eventos deportivos como os Xogos Asiáticos.
Outras entradas na Galipedia nas que no seu título teñen (ou poden ter) este termo
(1125) China, un asteroide Gran Muralla da China Gastronomía da China Guerra civil chinesa Relixión tradicional da China Relixión na República Popular China Gran Premio da China Literatura da China Música da China Síndrome do restaurante chinés