A Armada dos Estados Unidos (en inglés United States Navy) é unha rama das Forzas Armadas dos Estados Unidos.
Historia Comezou chamándose Continental Navy (Armada Continental, 13 de outubro de 1775). Durante a guerra de independencia americana os barcos baixo mando continental facían labores costeiras de ataque a mercantes británicos debido á carencia de medios e capacidades para enfrontarse á mariña de guerra británica, a maior do mundo na época. Nesa guerra, os EUA chegaron a mandar sobre 50 barcos. Trala contenda, o Congreso licenciou a oficiais e mariñeiros e vendeu as súas naves.
O 27 de marzo de 1794, o Congreso aprobou a construción de seis fragatas para protexe-la súa frota mercante dos ataques piratas. En 1797 o USS Constellation, USS United States e o USS Constitution entraron en servizo. O 30 de abril de 1798 creouse o Departamento da Armada (Navy Department) que faría as funcións de Ministerio da Mariña. Na guerra de 1812 contra os británicos, a reducida frota estadounidense non puido evita-lo bloqueo dos portos occidentais. Nos anos vindeiros non participou en conflitos relevantes de xeito activo.
Na Guerra de Secesión a armada unionista era claramente superior á confederada e estableceu un bloqueo sobre as costas confederadas no golfo de México. Na guerra produciuse o primeiro enfrontamento entre naves acoirazadas de vapor: o USS Monitor e o CSS Virginia.
Non sería ata a década de 1880 que a armada americana comezou a definitiva posta en marcha para ser considerada no escenario mundial e te-las capacidades para proxecta-la influencia política e defende-los intereses nacionais no Caribe e no Pacífico. En 1883 constrúense tres cruceiros de aceiro: USS Boston, USS Atlanta e USS Chicago.
Na guerra hispanoamericana de 1898, os barcos americanos obtiveron unha importante vitoria sobre a España. No novo século Theodore Roosevelt apoiou o investimento en aumenta-lo número de barcos de guerra e contar cunha frota moderna.
Cara a primeira guerra mundial, a Armada dos Estados Unidos tiña unha potencia importante, pero aínda por debaixo da británica ou da alemá. Tralo afundimento do Lusitania, en 1917 os Estados Unidos entran guerra no bando aliado pero a súa armada limítase a funcións de escolta de transporte de soldados e a despregar un campo de minas submarino no Mar do Norte.
Na década de 1920, os Estados Unidos xa contaban con tres portaavións (o USS Langley, o USS Lexington e o USS Saratoga), basicamente acoirazados ós que se engadía unha plataforma para uso de avións.
En 1941 prodúcense os primeiros encontros entre os submarinos alemáns e os barcos americanos. O 16 de abril de 1941 a armada recibe ordes de afundir todo barco alemán que se achegue a 25 millas das costas americanas. O 7 de decembro do mesmo ano, Xapón ataca Pearl Harbor en Hawai e os Estados Unidos entran en guerra (ver ataque a Pearl Harbor).
Tanto no teatro atlántico como no pacífico a armada estadounidense leva a cabo importantes misións entre as que cómpre destacar a Batalla Naval de Guadalcanal (a maior batalla mariña do século XX) e o Desembarco de Normandía, decisivo para abrir unha fronte occidental en Europa.
A segunda guerra mundial rematou cos Estados Unidos como primeira potencia naval e nas décadas posteriores a mariña estabeleceu bases navais estratexicamente situadas en todo o mundo. A capacidade nuclear da arma submarina americana constitúe a máis mortífera ferramenta da chamada contraforza. A aplicación de mísiles balísticos (primeiro os Polaris e logo os Trident) nos submarinos, xunto cos silos en terra e os bombardeiros estratéxicos constitúen o tridente da forza estratéxica dos Estados Unidos.
Tralo fin da guerra fría, a frota americana non deixou de diminuír (en 1988, 588 barcos, en 2005 menos de 300), pero aínda hoxe supera as sete seguintes maiores frotas xuntas, sendo a americana con moito a indisputable primeira potencia naval.
Organización O Comandante en Xefe da mariña de guerra estadounidense e o Presidente dos Estados Unidos. Por debaixo del, a mariña depende do Departamento de Defensa, e á súa vez administrativamente do Secretario de Mariña e operacionalmente dos Mando Unificados de Combate.
A forza operativa naval dos Estados Unidos divídese en sete frotas, cada unha mandada por un vicealmirante. Estas son:
Primeira frota: Oficiosamente suporía a Garda Costeira en tempo de guerra (derradeira liña de defensa naval americana). A principios dos 1970, unha frota do Pacífico operaba baixo esta denominación. Segunda frota: Opera en todo o Atlántico, de norte a sur e tamén nas costas suramericanas orientais. É o Mando da frota de Ataque Atlántica na OTAN. Ten base en Norfolk, Virxinia. A súa nave principal é o USS Wasp. Terceira frota: Sitúase no Pacífico cara a costa oeste dos Estados Unidos. Tan base en San Diego e o seu barco de mando é o USS Coronado. Serve de base de adestramento para a quinta e sétima frotas. Non participa en operacións de combate. Cuarta frota: Actualmente non operativa e sen barcos afiliados. Quinta frota: Opera en Oriente Medio. Base en Manama, Bahrain. Sexta frota: No mar Mediterráneo e no mar Negro. Serve de mando á frota de Apoio e Ataque para Europa do Sur. Ten base en Gaeta, Italia e o seu buque bandeira é o USS Mount Whitney. Sétima frota: A meirande, opera no Pacífico Occidental e no océano Índico. A base principal é a de Yokosuka no Xapón, o buque de mando é o USS Blue Ridge.
Frota Buques
Clase Imaxe Buques Notas PortaaviónsGerald R. Fordframeless|150x150pxUSS Gerald R. Ford CVN-7810 planeados Nimitz aircraft carrier left|150px USS Nimitz CVN-68USS Dwight D. Eisenhower CVN-69USS Carl Vinson CVN-70USS Theodore Roosevelt CVN-71USS Abraham Lincoln CVN-72USS George Washington CVN-73USS John C. Stennis CVN-74USS Harry S. Truman CVN-75USS Ronald Reagan CVN-76USS George H.W. Bush CVN-77 Buques de Asalto Anfibio Wasp amphibious assault ship left|150px USS Wasp LHD-1USS Essex LHD-2USS Kearsarge LHD-3USS Boxer LHD-4USS Bataan LHD-5USS Iwo Jima LHD-7USS Makin Island LHD-8 America amphibious assault ship 150px USS America LHA-6 11 planeados Amphibious Transport Docks San Antonio amphibious transport dock left|150px USS San Antonio LPD-17USS New Orleans LPD-18USS Mesa Verde LPD-19USS Green Bay LPD-20USS New York LPD-21USS San Diego LPD-22USS Anchorage LPD-23USS Arlington LPD-24USS Somerset LPD-25USS John P. Murtha LPD-26USS Portland LPD-27 12 planeados Buques Comandancia Anfibia Blue Ridge command ship left|150px USS Blue Ridge LCC-19USS Mount Whitney LCC-20 USS Blue Ridge é o máis vello buque destrutor Buques de Desembarco Harpers Ferry dock landing ship left|150pxUSS Harpers Ferry LSD-49USS Carter Hall LSD-50USS Oak Hill LSD-51USS Pearl Harbor LSD-52 Whidbey Island dock landing ship left|150px USS Whidbey Island LSD-41USS Germantown LSD-42USS Fort McHenry LSD-43USS Gunston Hall LSD-44USS Comstock LSD-45USS Tortuga LSD-46USS Rushmore LSD-47USS AshlandLSD-48 Destrutores Arleigh Burke destroyer left|150px USS Arleigh Burke DDG-51USS Barry DDG-52USS John Paul Jones DDG-53USS Curtis Wilbur DDG-54USS Stout DDG-55USS John S. McCain DDG-56USS Mitscher DDG-57USS Laboon DDG-58USS Russell DDG-59USS Paul Hamilton DDG-60USS Ramage DDG-61USS Fitzgerald DDG-62USS Stethem DDG-63USS Carney DDG-64USS Benfold DDG-65USS Gonzalez DDG-66USS Cole DDG-67USS The Sullivans DDG-68USS Milius DDG-69USS Hopper DDG-70USS Ross DDG-71USS Mahan DDG-72USS Decatur DDG-73USS McFaul DDG-74USS Donald Cook DDG-75USS Higgins DDG-76USS O'Kane DDG-77USS Porter DDG-78USS Oscar Austin DDG-79USS Roosevelt DDG-80USS Winston S. Churchill DDG-81USS Lassen DDG-82USS Howard DDG-83USS Bulkeley DDG-84USS McCampbell DDG-85USS Shoup DDG-86USS Mason DDG-87USS Preble DDG-88USS Mustin DDG-89USS Chafee DDG-90USS Pinckney DDG-91USS Momsen DDG-92USS Chung-Hoon DDG-93USS Nitze DDG-94USS James E. Williams DDG-95USS Bainbridge DDG-96USS Halsey DDG-97USS Forrest Sherman DDG-98USS Farragut DDG-99USS Kidd DDG-100USS Gridley DDG-101USS Sampson DDG-102USS Truxtun DDG-103USS Sterett DDG-104USS Dewey DDG-105USS Stockdale DDG-106USS Gravely DDG-107USS Wayne E. Meyer DDG-108USS Jason Dunham DDG-109USS William P. Lawrence DDG-110USS Spruance DDG-111USS Michael Murphy DDG-112USS John Finn DDG-113USS Rafael Peralta DDG-115 77 planeados Zumwalt destroyer 150px USS Zumwalt DDG-1000USS Michael Monsoor DDG-1001USS Lyndon B. Johnson DDG-1002 Cruceiros Ticonderoga cruiser left|150px USS Bunker Hill CG-52USS Mobile Bay CG-53USS Antietam CG-54USS Leyte Gulf CG-55USS San Jacinto CG-56USS Lake Champlain CG-57USS Philippine Sea CG-58USS Princeton CG-59USS Normandy CG-60USS Monterey CG-61USS Chancellorsville CG-62USS Cowpens CG-63USS Gettysburg CG-64USS Chosin CG-65USS Hue City CG-66USS Shiloh CG-67USS Anzio CG-68USS Vicksburg CG-69USS Lake Erie CG-70USS Cape St. George CG-71USS Vella Gulf CG-72USS Port Royal CG-73 Asistencia Submarinos Emory S. Land submarine tenderleft|150px USS Emory S. Land AS-39USS Frank Cable AS-40 Buques Combate Litoral Freedom littoral combat ship left|150px USS Freedom LCS-1USS Fort Worth LCS-3USS Milwaukee LCS-5USS Detroit LCS-7USS Little Rock LCS-9 16 planeados Independence littoral combat ship left|150px USS Independence LCS-2USS Coronado LCS-4USS Jackson LCS-6USS Montgomery LCS-8USS Gabrielle Giffords LCS-10 16 planeados Caza Minas Avenger mine countermeasures ship left|150px USS Sentry MCM-3USS Champion MCM-4USS Devastator MCM-6USS Patriot MCM-7USS Scout MCM-8USS Pioneer MCM-9USS Warrior MCM-10USS Gladiator MCM-11USS Ardent MCM-12USS Dextrous MCM-13USS Chief MCM-14 Buques Patrulleiros de Costa Cyclone patrol ship left|150px USS Tempest PC-2USS Hurricane PC-3USS Monsoon PC-4USS Typhoon PC-5USS Sirocco PC-6USS Squall PC-7USS Zephyr PC-8USS Chinook PC-9USS Firebolt PC-10USS Whirlwind PC-11USS Thunderbolt PC-12USS Shamal PC-13USS Tornado PC-14 Buques de Investigación Tecnolóxica Banner environmental research ship left|150px USS Pueblo AGER-2 Capturado e actualmente retido en Corea do Norte Original Six Frigates Original six frigates of the United States Navy Classic Frigate left|150px USS Constitution O máis vello buque en servizo en US Navy
Notas
Categoría:Forzas armadas dos Estados Unidos de América Categoría:Armadas