miniatura|300x300px|Localización do santuario de Dodona. O Oráculo de Dodona (en grego Δωδώνη, Dôdốnê) foi o máis coñecido da Antigüidade, despois do Oráculo de Delfos. Dodona é un lugar que se atopa a 80 km ao leste da illa de Corfú, na rexión de Epiro, ao pé do monte Tomaros, nos montes Pindo, preto da fronteira de Grecia e Albania, nunha zona montañosa que dominaron e controlaron os molosos no século -V.

Este santuario estaba dedicado ao deus Zeus e á Deusa Nai, venerada baixo o nome de Dione, e foi o máis frecuentado desde tempos moi antigos. A súa situación era privilexiada, preto do río Aqueloo, o máis caudaloso de Grecia, navegábel durante algúns quilómetros. Sábese que o lugar tiña xa unha grande actividade nos tempos da Idade de Bronce.

Está situado, como se dixo, na aba do monte Tomaros, ao sur do lago Pambotis, a 22 km ao sur de Ioannina. É o máis antigo dos oráculos gregos; posibelmente remóntase ao segundo milenio a. C., e é un dos máis coñecidos xunto aos de Delfos e Amón. Os sacerdotes e as sacerdotisas do bosque sacro interpretaban a caída das follas do carballo no vento. Tras a aparición na Grecia das cidades, padeceu o auxe do oráculo de Delfos na época clásica, pero continuou activo até a época de Roma.

Orixes lendarias do oráculo dereita|miniatura|422x422px|O val de Dodona na época das primeiras escavacións (Karapanos 1878, pl. I, detalle). O oráculo de Dodona aparece citado por Homero na Ilíada XVI, 233-35. O poeta relaciónao co mundo dos pelasgos, aquel pobo primitivo considerado como o primeiro que ocupou Grecia e que habitou na cidade de Dodona entre outras. Outra pasaxe da Ilíada onde se menciona Dodona está dentro do Catálogo das naves (II, 749-750):Con todo, segundo Estrabón, nestes versos Homero refírese a outro lugar chamado Dodona situado en TesaliaEstrabón IX,5,20.. Na Odisea, XIV 327-330 tamén fala do lugar sacro e da importancia que tiña a árbore, o carballo de Zeus. Ao chegar o heroe Odiseo a Dodona, pediu un consello á follaxe divina do deus do oráculo (Zeus), para poder regresar á súa terra de Ítaca.Pola súa banda Heródoto fala tamén do pobo pelasgo e asegura que o oráculo de Dodona era o máis antigo que nunca tivera Grecia, e na súa época era ademais o único. Heródoto conta que o oráculo de Dodona estaba relacionado co de Tebas de Exipto e ofrece dúas versións:

En Tebas foron raptadas polos fenicios dúas sacerdotisas. A unha delas mandárona a Libia onde foi vendida e á outra a Dodona. Suponse que estas dúas sacerdotisas foron as primeiras que instituíron oráculos nestes dous lugares: o oráculo de Amón en Exipto e o oráculo de Zeus en Dodona. Sobre a cidade de Tebas voaron dúas pombas. Unha dirixiuse a Libia e outra a Dodona. A pomba de Dodona pousouse sobre un carballo e desde alí expresou con voz humana que era necesario fundar nese mesmo lugar un oráculo ao deus ZeusHeródoto II,52-57..

O relato mitolóxico serve, sobre todo, polo lazo que crea entre os dous grandes oráculos de Zeus, o de Amón no oasis de Siwa en Libia, e o de Dodona.

Selos e peleiades Homero relaciona con Dodona aos selos (en grego, οι Σελλοί), que realizaban vaticinios. Indica que non se podían lavar os pés e tiñan que durmir no chan. Píndaro chamábaos helosEstrabón VII,7,10..

Pola súa banda Heródoto dá moita máis importancia ás sacerdotisas, intermediarias dos signos que o oráculo daba en contestación ás preguntas. As sacerdotisas de Zeus en tempos de Heródoto eran as tres peleiades (en grego, αι πελειάδες) chamadas Promenia, Timárete e NicandraHeródoto II,55..

Sábese que en tempos de Estrabón eran as sacerdotisas quen deliberaban sobre as respostas do deus, salvo no caso de que se tratase de beociosEstrabón VII, 7,12; VII, fragmentos 1 e 1B..

Os oráculos esquerda|miniatura|300x300px|Inscrición oracular nunha lámina de chumbo (Karapanos 1878, pl. XL, 1). Os oráculos en Dodona realizábanse interpretando os sons do carballo sacro e o voo das pombasHomero, Odisea XIV,327; XIX,296; Estrabón VII, fragmento 1.. A mediados do século -IV, o ateniense Demón cita outra tradición sobre o oráculo de Dodona: contaba que do teito do templo de Zeus penduraban unha serie de caldeiros ou trípodes moi xuntos entre si. Como o templo carecía de paredes, o vento golpeaba os caldeiros e o seu son era o que tiña que ser interpretado polos sacerdotes ou as sacerdotisasFGrH 327 fr. 20.María José García Soler, Expresiones proverbiales y comedia en la Declamación XXVI de Libanio , p.105, en Studia Philologica Valentina Vol. 18, (2016) pp. 99-108.

A arqueoloxía deu moita información ao achar neste lugar bastante material sobre as preguntas feitas ao deus, é dicir sobre o oráculo. Atopáronse abundantes láminas de chumbo sobre as que están gravadas con estilete as preguntas dos consultantes. Con todo o material atopado coas respostas é bastante escaso; suponse que os consultantes levaban consigo a resposta escrita que lles serviría como testemuño da mercé divina. As consultas achadas refírense polo xeral a asuntos cotiáns e domésticos, preguntas sobre a elección de matrimonio ou de celibato, sobre a fecundidade ou esterilidade, sobre a dúbida de que o fillo recentemente nado sexa lexítimo, sobre o feito de emprender unha viaxe a Siracusa, etc.

Algúns escritores da antigüidade contan que nos primeiros tempos, o oráculo ordenaba sacrificar unha vítima ao río Aqueloo, cada vez que contestaba unha pregunta.

Historia do santuario miniatura|300x300px|Santuario de Dodona, vista do teatro. A arqueoloxía non achegou aínda unha resposta satisfactoria á data de construción do oráculo. Os vestixios arqueolóxicos de ocupación máis antigos datan da Idade do Bronce (-2500 a -1200/-1100). Na Idade do Bronce Antigo e Medio non hai achados arquitectónicos e os restos son principalmente cerámica. Na Idade do Bronce Final atópanse, ademais de restos de cerámica, armas, ferramentas e xoias de bronce. Neste último período atopouse cerámica de procedencia micénicaMartina Dieterle, Dodona. Religionsgeschichtliche und historische Untersuchungen zur Entstehung und Entwicklung deas Zeus-Heiligtums. Olms, Hildesheim (2007), ISBN 978-3-487-13510-6 (en alemán)..

O culto ao Zeus Dodoneo chegou a Epiro cos tesprotos no período Heládico recente, cara a -1200, pero anteriormente existía un culto ctónico prehelénico a unha deusa da abundancia e a fertilidade relacionada coas raíces do «Gran Carballo». As dúas divindades, o deus da tormenta e o trono, e a divindade ctónica da vexetación formaban en Dodona unha parella venerada baixo os nomes de Zeus Naios (literalmente «Zeus residente») e Dione Naia (a forma feminina do nome Zeus), en relación cun carballo sacro.

Aínda que estivese afastado das principais poleis, o oráculo gozou dun gran renome até o século -VI: era consultado regularmente polos atenienses que enviaban unha embaixada anual. Sófocles menciónao n'As traquinias (v. 1164 sq.) e Esquilo no seu Prometeo encadeado (v. 829 sq.). Creso, rei de Lidia, consultaba aos famosos oráculos se debía ou non declarar a guerra a Persia. A resposta de Zeus Dodoneo non se conservaHeródoto, Historia i.46.. A consulta repítese máis tarde polos espartiatas Axesilao II e LisandroDiodoro Sículo, Biblioteca histórica xiv.3.. Lisandro tentou corromper a sacerdotisa do oráculo para obter unha resposta favorábel á súa consulta. A anécdota figura tamén en Plutarco (Vida de Lisandro), que cita a Éforo de Cime. Os corcireos (da cidade de Corcira na illa de Corfú) tamén interrogaron para poder conseguir a paz e os caonios consultaron se era bo desprazar o templo de Atenea.

Esta celebridade non se reflicte nun proxecto arquitectónico ambicioso, contrariamente ao que pasa co oráculo de Delfos, que suplantou progresivamente a Dodona como sede principal dos oráculos para as cidades gregas. No século -IV, o santuario parece reducirse a un simple templo en torno ao Carballo sacro.

O apoxeo do santuario correspóndese co do reino de Epiro baixo o mandato de Pirro quen, entre -297 e -272, reconstruíu case todos os edificios de Dodona, baixo un prototipo monumental máis concorde co seu papel de santuario nacional de Epiro: o templo de Zeus, o de Heracles e o de Temis gozaron de máis anchura, así como os edificios cívicos, o Buleuterion e o Pritaneo. Foi tamén Pirro quen fixo construír o teatro para acoller os espectáculos dramáticos e musicais que acompañaban a festa dos Naia en honra da tríade constituída por Zeus e as súas dúas compañeiras, Dione e Temis.

A repentina morte de Pirro en Argos en -272 e a debilidade do reino de Epiro que se afundía, absorbido polos seus dous poderosos veciños, Macedonia ao leste e Etolia ao sur, provocaron o declive do santuario. Entre -219 e -218, é saqueado polos etolios baixo o mandato do seu novo strategos, Dorímaco, que fixo destruír o templo de Zeus, pero parece ser que respectou o Carballo sacroO historiador romano Polibio (IV, 67, 3) é a fonte indirecta desta información: precisa que os etolios queimaron o santuario, salvo o Hiéra Oikia que só desmantelaron. Segundo S. Dakaris (1996, 15), a diferenza de trato explícase pola vontade de non arriscarse a queimar o Carballo sacro, xa que constituiría un sacrilexio bastante grave. As ruínas da Hiéra Oikia mostraron a ausencia de nivel de destrución polo incendio desa época, o cal parece confirmar o testemuño de Polibio.. O novo rei de Macedonia Filipo V, aliado dos epirotas, vingou o sacrilexio atacando salvaxemente Termo, a capital federal etolia, o ano seguinte (-218). Co botín tomado aos etolios fixo reconstruír o santuario de Dodona e engadiu un estadio para os xogos anuais.

A pesar de todo, o santuario non se recuperou do saqueo etolio, é máis, foi destruído novamente medio século máis tarde, esta vez polos romanos, na terceira guerra macedónica (-168 a -167)As ruínas do templo de Zeus non mostraron elementos que permitan confirmar esta destrución (Dakaris 1996, 16).. Atópase de novo unha mención ao santuario nas fontes que falan da invasión de Grecia polos exércitos de Mitrídates VI en -88. Cando Octavio se refuxiou en Epiro durante a guerra contra Marco Antonio en -31, probabelmente fixo reconstruír en parte o santuario, o que o xeógrafo contemporáneo Estrabón describe en ruínas. Foi tamén na época imperial cando o teatro foi convertido en circo. O emperador romano Hadriano visitou o oráculo cara a 132, igual que Pausanias pouco despoisPausanias, Descrición de Grecia i.17.5.. O festival dos Naia continuou sendo celebrado até o ano 240.

A ruína definitiva do oráculo chegou en 391, cando o Carballo sacro foi cortado debido ao edicto de Teodosio I que prohibía os cultos pagáns. Iso non significou o fin da ocupación do lugar: a construción, a partir dos restos do templo de Heracles, dunha gran basílica paleocristiá do século V é testemuño da ocupación de Dodona na Antigüidade tardía; do mesmo xeito que a mención da cidade na lista de Hierocles (século VI), e a presenza de varios bispos de Dodona nos concilios ecuménicos, especialmente o Éfeso en 431.

Organización do santuario miniatura|300px|Plano do santuario de Dodona (segundo Dakaris 1996).