El Palo é unha histórica localidade mariñeira, agora xa barrio da cidade de Málaga, situado no Distrito Leste, a 8,7 km do centro da cidade.
Segundo o concello, limita ao norte cos barrios de Villa Cristina, Miraflores del Palo, El Drago, Las Cuevas e La Pelusa; ao leste, con Miramar del Palo; ao sur, co barrio de Playas del Palo; e ao oeste con Echeverría del Palo e Pedregalejo. Non obstante, tradicionalmente coñécese como El Palo á zona situada entre o Monte San Antón e o mar Mediterráneo delimitada polos arroios Jaboneros e Gálica, e nun sentido máis amplo, a toda a zona do extremo oriental de Málaga, na estrema co concello do Rincón de la Victoria.
Palo