Ramón Somoza Álvarez, nado en Ourense en 1899 e finado en Castroncelos (A Pobra do Brollón) o 13 de xullo de 1938, foi un gandeiro e político galego.
Traxectoria Gandeiro. En 1930 participou na reorganización da Agrupación Socialista de Monforte de Lemos. Participou na folga xeral revolucionaria de 1934 e foi procesado. Liberado grazas a amnistía decretada tralo triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi recibido en San Clodio de Ribas de Sil xunto con Juan Tizón Herreros e Eduardo Amador Corzo.El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 2. Foi designado concelleiro de Monforte polo gobernador civil o 15 de marzo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi capturado o 11 de xullo de 1938. Foi asasinado con José Rodríguez Silvosa o 13 de xullo de 1938 en Seixo de Castroncelos (A Pobra do Brollón) durante un traslado.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Objetivo cumplido en la exhumación del cementerio de Castroncelos "Exhuman en A Pobra do Brollón los restos de dos vecinos de Monforte" La Voz de Galicia, 1/7/2016 .
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Concelleiros de Monforte de Lemos Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos