Teófilo Fernández Canal, nado en Barbadás cara a 1911 e finado en Ourense en marzo de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Chofer en Barbadás. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Procesado en Ourense por rebelión militar na causa 33/37, foi xulgado en consello de guerra en Ourense o 29 de xullo de 1937 xunto co seu irmán Juan, Benigno Álvarez López, Odilo Balado Iglesias, Celso Carballo Rodríguez, Leovigildo Carril Freire, Luis Cristelo Nóvoa, Camilo Cruz Masid, Odilo Fernández Freire, Antonio Fernández Soto, Eladio Ferro Rodríguez, Pío Forneiro Martínez, Modesto Gallego González, Antonio Gallego Rodicio, Castor Iglesias Gil, Benjamín Outomuro Calviño, Eduardo Piñeiro Canal e os irmáns Anselmo e Francisco Rodríguez Congil, a súa causa foi sobresida. Sufriu expediente de incautación de bens.La Región, 30-1-1937, p. 2. Participou na reconstrución do comité provincial do Partido Comunista de España en Ourense no verán de 1942, que tiña a Juan Novoa Campos como secretario xeral, no que Teófilo foi nomeado encargado das relacións cos fuxidos da provincia. Foi procesado con Víctor García García, Estanislao Cantero Izquierdo e Francisco Rey Drox na causa 75/1946 da Coruña."Requisitoria", La Voz de Galicia, 10-4-1946, p. 2. Lugartenente de Víctor García "Brasileiro", foi condenado con el pola propia organización comunista. En marzo de 1948 foi axustizado en Ourense.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión en Ourense Blog sobre Víctor García G. Estanillo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Barbadás Categoría:Finados en 1948 Categoría:Executados Categoría:Nados en 1911 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes